Río Urubamba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urubamba / Willkamayu
Urubamba valley1.jpg
Val do Urubamba
País Perú
Rexión n/d
Nacemento Andes
Altitude n/d
Lonxitude 724 km
Caudal medio  ?
Conca  ?
Desembocadura Río Ucayali

O Urubamba, ou Urupampa, é un río do Perú, parcialmente navegábel, e que xunto co río Apurímac forman o Ucayali, un afluente do Amazonas.

O nome[editar | editar a fonte]

O nome do río en quichua é Willkamayu, "río sagrado", nome que conserva nesa lingua ao longo de todo o seu percorrido,e que é oficial nese idioma. Urubamba é outro nome tamén de orixe quichua é significa "chaira das arañas".

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace na Cordilleira dos Andes ao sudeste de Cusco, perto do límite coa Rexión de Puno ( onde é chamado Vilcanota ). Flúe en dirección noroeste durante 724 km, antes de se unir co Apurímac en Atalaya para formar o Ucayali, un dos máis importantes tributarios do Amazonas.

Afluentes[editar | editar a fonte]

A conca do Urubamba é disimétrica. Os tributarios principais sono pola beira dereita, dos que cómpre sinalar:

O Alto e Baixo Urubamba[editar | editar a fonte]

Adoita subdivirse o curso do Urubamba en dúas partes, o Baixo e Alto Urubamba, cuxo límite ven marcado por unha garganta de fama sinistra, o Pongo de Mainique. O val do Alto Urubamba está densamente poboado e é cultivado intensivamente por regadíos. Áchanse nesta zona vestixios abondo da civilización Inca, entre eles a sonada cidade do Machu Picchu. O val do Urubamba era sagrado para os Incas.

O Baixo Urubamba está menos habitado e desenvolto. Atópanse aquí varios pobos amerindios como os Machiguengas (ou Matsigenkas) e os Ashaninkas. A economía é forestal principalmente e encoóntranse tamén os xacementos gasísticos de Camisea. A localidade máis importante é Sepahua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Urubamba