Río Neretva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Río Neretva | |
|---|---|
O Neretva ao paso por Mostar |
|
| Nacemento: | Macizo de Lebresnice |
| Altitude da fonte: | 1.095 msmn |
| Lonxitude: | 225 km |
| Caudal medio: | 378 m3/s |
| Conca: | 5.581 km2 |
| País: | Bosnia Hercegovina, Croacia |
| Desemboca: | Mar Adriático |
O Neretva é un río que flúe por Bosnia Hercegovina e Croacia, desaugando, neste último país, no Mar Adriático, despois dun curso de 225 km. En tempos era coñecido na Europa Occidental polo seu nome italiano de río Nerenta.
Índice |
[editar] Percorrido
O Neretva nace no macizo de Lebresnice, nos Alpes Dináricos, a 1.095 m de altura, na Hercegovina, e flúe primeiramente cara noroeste, para paulatinamente irse incurvando para o sureste, entrando, despois de pasar pola cidade de Mostar, na rexión da Dalmacia, e en Croacia, onde desemboca na cidade de Ploča, ao norte de Dubrovnik. O Neretva vai con fecuencia encaixado profundamente entre as montañas que corta, ocasionando gargantas como a de Tara, e só de cando en vez se abre en fértiles vales. Nos 50 últimos quilómetros forma o estuario do Neretva, nos que en parte se nota o influxo do mar.
En total o Neretva transita por Bosnia Hercegovina durante 203 km, e só en case a décima parte do curso, flúe por Croacia.
[editar] Afluentes
Pola beira dereita:
Pola beira esquerda:
[editar] Explotación
Levantouse un encoro entre as cidades bosnias de Jablanica e Mostar, e cuxa cola é coñecida como o lago de Jablanica. O río é navegábel desde a desembocadura até Metković, xusto na fronteira bosnio-croata.