Río Li Jiang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Lijiang en Guangxi
O río Li
O Li Jiang River en xullo de 2005


O Li Jiang ou Lijiang (río Li) (en transcrición pinyin: Lí Jiāng) é un río de Guangxi , China, afluente do Xi Jiang, ao que rende as súas augas despois de 437 km de percorrido.

Curso[editar | editar a fonte]

O Li Jiang orixínase nas Montañas Mao'er no distrito de Xing'an, atravesa Guilin, Yangshuo e Pingle, até se unir con Xi Jiang, o tributario occidental do río das Perlas en Wuzhou.

O seu percurso de 437 km está flanqueado por grandes tesos calizos. A pesca con cormorán asóciase a miudo con o Li Jiang. A infrecuente topografía cárstica dos tesos ten sido comparada con a moi similar da baía de Halong, en Vietnam[1].

Paisaxes do Li Jiang[editar | editar a fonte]

Ao longo dun tramo de 100 km do Li, semellan erguerse no ceo, que tornan este treito nunha das máis famosas das áreas paisaxísticas de China. Entre outros puntos da zona pódense destacar:

  • A Rocha Frauta de Cana: unha cova calcaria cun elevado número de estalactitas, estalagmitas, estalacto-estalagmitas, cortina pétreas e corais de caverna.
  • O Parque Sete-Estrelo : o maior parque de Guilin.
  • A Montaña do Espléndido Hues: un monte composta de varias capas de rochas de variadas cores.
  • O Outeiro da Trompa do Elefante: un teso con aspecto dun xigantesco elefante a beber auga con a súa trompa. É o símbolo da cidade de Guilin.
  • O Canal Lingqu: excavado en -214|214 a.C. é a canle máis antiga, en funcionamento, do mundo e un dos tres grandes proxectos mediambientais referidos á auga da antiga China.
  • Outros sitios pintorescos son : o Pico Duxiu, o Parque Nanxi , o río Taohua, o Xigante Banyan e máis o Parque Nacional Folclórico Huashan-Lijiang.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

A paisaxe do río Li está plasmada no billete de 20 yuans.

Galería fotográfica do Li[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Li Jiang

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]