Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ?
Ficha técnica
Título orixinalQu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ?
DirectorPhilippe de Chauveron
ProdutorRomain Rojtman
GuiónPhilippe de Chauveron
Guy Laurent
Intérpretes
MúsicaMarc Chouarain
FotografíaVincent Mathias
MontaxeSandro Lavezzi
EstudioLes films du 24
DistribuidoraUGC Distribution
Estrea16 de abril de 2014
Duración97 minutos
Orixe Francia
XéneroComedia
Orzamento12,8 millóns de euros[1]
Recadación174,1 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt2800240 Filmaffinity: 357505 Allocine: 222259 Rottentomatoes: m/serial_2014 Allmovie: v593540 Editar o valor em Wikidata

Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ? é un filme francés de 2014 dirixido por Philippe de Chauveron e protagonizado por Christian Clavier e Chantal Lauby.

É o primeiro título dunha serie de filmes, seguido por Qu'est-ce qu'on a encore fait au Bon Dieu ? en 2019, e Qu'est-ce qu'on a tous fait au Bon Dieu ? en 2022.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Claude Verneuil, un notario gaullista, e a súa muller Marie, son dous burgueses católicos residentes en Chinon, Francia, e pais de catro fillas: Isabelle, Odile, Ségolène e Laure. As tres primeiras fillas casaron con descendentes de inmigrantes en Francia e de diferentes orixesa étnicas e relixións: Isabelle, avogada, casou con Rachid Ben Assem, musulmán e tamén avogado. Odile, dentista, casou con David Benichou, un empresario desempregado e xudeu sefardí. Ségolène, quen é artista plástica, casou con Chao Ling, un banqueiro chinés e budista.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Membros do elenco en Cannes no ano 2014.

Produción[editar | editar a fonte]

Aínda que a historia está ambientada en Chinon, o filme foi rodado principalmente en París e Normandía. Algunhas tomas foron rodadas no castelo de Chinon o 10 de decembro de 2013.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu? (2014)". JP's Box-Office. Consultado o 26 de abril de 2018. 
  2. Nancy Tartaglione and David Bloom (10 de xaneiro de 2015). "'Transformers 4′ Tops 2014's 100 Highest-Grossing International Films – Chart". Deadline Hollywood. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  3. "Qu'est-ce qu'on a fait... au réalisateurs ?" (en French). lanouvellerepublique.fr. 7 de maio de 2014. Consultado o 13 de agosto de 2014.