Qin Jiushao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Qín Jiǔshào (秦九劭 en chinés simplificado, 秦九韶 en caracteres tradicionais, Ch'in Chiu-Shao en transcrición Wade-Giles) (contra 12021261) foi un matemático chinés, actualmente considerado como un dos máis grandes matemáticos do século XIII. Ademais era experto en moitos outros campos e desempeñou varios postos administrativos na burocracia de varias provincias chinesas.

A reputación de Qin Jiushao como matemático baséase no 数书九章 Shùshū jiŭzhāng (Tratado Matemático en Nove Seccións) editado en 1247. O tratado cubría asuntos que abarcaban desde a análise indeterminada até asuntos militares e inspeccións. No tratado, Qin incluía a unha versión do teorema chinés do resto, que usaba algoritmos para solucionar problemas.

Qin explica por primeira vez como expertos chineses calculaban datos astronómicos segundo o ritmo do solsticio de inverno. Entre os seus logros está a introdución dunha técnica para solucionar ecuacións, achar sumas de series aritméticas e solucionar sistemas lineais. Tamén introduciu o uso do símbolo cero nas matemáticas chinesas.