Amílcar Barca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amílcar Barca
Nacemento275 a. C.
Lugar de nacementoCartago
Falecemento228 a. C.
Lugar de falecementoRío Xúcar
Causaafogamento
NacionalidadeCivilización cartaxinesa
Ocupaciónpolítico e oficial
FillosAníbal, Asdrúbal Barca, Magón Barca, third daughter of Hamilcar Barca, eldest daughter of Hamilcar Barca e middle daughter of Hamilcar Barca
editar datos en Wikidata ]

Amílcar Barca, nado en c. -275 e finado en -228, foi un xeneral cartaxinés e pai de Aníbal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amílcar foi comandante naval na primeira guerra púnica atacando a costa de Bruttio. En Sicilia estivo resistindo nun posto avanzado cerca de Palermo, mentres que os romanos intentaron expulsalo.

Dirixiu as incursións na costa suroccidental de Italia, conquistou o monte Erice, e abandonou o seu mando ó final da guerra despois de negociar un tratado de paz, e producíronse revoltas nas tropas mercenarias do exército cartaxinés, na que despois Amílcar foi destinado para acabar con elas, pero a loita custou moitas vidas.

Ó final Amílcar colaborou con Hannón para conquistar Útica. Máis tarde foi enviado a Hispania acompañado dos seus tres fillos.

Amílcar casou unha das súas fillas con Asdrúbal, instalou a súa base en Cádiz e estendeuse polo sur de Hispania, fundando a cidade de Alacant.

Amílcar afogou mentres marchaba de Hélike.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Atlas histórico de la roma Clásica. Odile Wattel . Edicións archivos acento, 2000.