Provincia de Pichincha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Pichincha, situada no norte de Ecuador.

Pichincha é unha das 24 provincias da República de Ecuador, localizada no norte do país. A súa capital é a cidade de Quito, capital da república, e segunda cidade máis poboada do país, detrás de Guayaquil. Pichincha tamén ocupa a segunda posición entre as provincias máis poboadas, detrás de Guayas. A súa superficie é de 9.494 km² e, segundo o censo de 2010, ten 2.570.201 habitantes, o que fai que Pichincha teña unha densidade de poboación de 376 h/km². A maior parte da poboación da provincia concéntrase na súa capital, Quito, que segue a crecer por mor das correntes migratorias internas dende outros puntos do país.

O nome da provincia provén do volcán homónimo, en cuxas abas está situada a cidade de Quito.

Historia[editar | editar a fonte]

Os territorios da provincia foron habitados hai 10.000 anos por unha cultura chamada El Inga, que deixou abondosos restos de ferramentas feitas con obsidiana e basalto. Hai mais de 6.000 surxiu outra cultura, denominada La Chimba, que dominaba a cerámica. Posteriores foron os Caranquis, que construiron centros ceremoniais semellantes a pirámides. A comezos da idade media houbo un reino formado pola alianza entre as etnias Quitu e Caras. Os incas comezaron a conquista da zona no século XV baixo o liderado de Túpac Inca Yupanqui. O seu fillo Huayna Cápac foi quen finalmente conquistou o territorio masacrando ós Quitus.

Os españois chegaron a Tahuantinsuyo cando o imperio inca tiña entre mans unha guerra civil. A loita polo poder do imperio enfrontaba a Atahualpa e ó seu irmán Huascar. O primeiro defendía a súa hexemonía dende Quito, e o segundo dende Cuzco. Atahualpa derrotou a Huascar, e pouco despois aceptou reunirse con Pizarro, quen mandou executalo. Crendo que en Cuzco habería un tesouro, Pizarro mandou ir aló a algúns dos seus homes, que fundaron oficialmente a cidade de San Francisco de Quito en 1534. Sete anos despois da súa fundación, Orellana partiu dende alí nunha expedición na que descubriu o río Amazonas. Por mor dos problemas de comunicación e transporte, así como tamén pola explosión demográfica, o cabildo da cidade solicitóulle ó rey Filipe II a creación da Audiencia e Presidencia de Quito. O 29 de agosto de 1563, firmou a cédula real que deu nacemento a esta. A xurisdición estableceu os seus límites xeográficos, que abarcaban unha superficie cinco veces maior que a da actual República do Ecuador.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]