Abbiategrasso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abbiategrasso é un concello italiano da provincia de Milán, na rexión de Lombardía. Tiña 28.890 habitantes en 2003.
O topónimo en Lombardo é Bià, aínda que non ten carácter oficial.
A orixe do lugar remóntase á época romana, aínda que hai constancia de asentamentos galos do século VI a.c.. O primeiro documento no que aparece o nome actual data de 1304, baixo a forma Abiate qui dicitur Grasso.
É un concello agrícola, no que predomina o cultivo do arroz e o millo. Só o 16% do territorio comunal está urbanizado.

[editar] Ligazóns externas

Web oficial do concello (en italiano)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas