Prosopografía da antiga Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Prosopografía da Roma antiga, é unha aproximación aos estudos clásicos e á historia antiga que se centra nas conexións familiares, as alianzas políticas e as redes sociais na Roma antiga.[1] A metodoloxía da prosopografía romana pasa por definir un grupo para o estudo —a miúdo escóllese o grupo social, chamado ordo en latín, dos senadores e equites— para despois recoller e analizar datos.

As fontes literarias proporcionan probas principalmente sobre a elite gobernante mentres que a epigrafía e a papiroloxía son fontes que tamén poden documentar a xente común, que foi estudada en grupos como os dos libertos imperiais, as familias de clase baixa ou con ocupacións específicas como as nodrizas (nutrices).[2]

Estudosos da prosopografía histórica[editar | editar a fonte]

Entre os estudos alemáns, moitos dos artigos biográficos de Friedrich Münzer para a Realencyclopädie der Classischen Altertumswissenschaft adoptaron un enfoque prosopográfico.[3] Matthias Gelzer, un dos fundadores da metodoloxía prosopográfica en relación coa Roma antiga, centrouse na institución social do mecenado e os seus efectos no sistema político romano.[4]

Entre os principais estudosos do século XX que escribiron en inglés sobre a prosopografía da República Romana destacna T.R.S. Broughton, cuxos tres volumes The Magistrates of the Roman Republic son unha referencia estándar; Ronald Syme, cuxa Roman Revolution (1939) converteuse na base dos traballos posteriores dos estudosos sobre a República tardía e a transición ao Principado; T.P. Wiseman, que estudou en particular as carreiras e as liñas familiares dos romanos dos municipia, cidades fóra de Roma; E. Badian, particularmente o seu traballo de 1965 sobre o xuízo de Caio Norbano; Lily Ross Taylor; e Erich Gruen.[5]

Outros estudosos, como P.A. Brunt, advertiron sobre unha dependencia excesiva da prosopografía, en particular a tendencia a ver os procesos xudiciais como "guerras por poderes" entre faccións políticas en lugar de como procesos xudiciais en busca de resultados xustos: ata inimigos acérrimos como Cicerón e Clodio Pulcro están rexistrados como testemuñas sobre o mesmo partido.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]