Ronald Syme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronald Syme

Ronald Syme (11 de marzo de 19034 de setembro de 1989), foi un historiador da Roma antiga, un dos máis eminentes do século XX.


Naceu en Eltham, Nova Zelandia. Estudou francés e literatura nas Universidades de Auckland e Wellington, en 1925 partiu para Inglaterra, estudou no Oriel College de Oxford (1925-1927). En 1929 convértese en titor do Trinity College (1929-1949), publicou The Roman Revolution, centrado no ascenso de Octaviano e a instauración como Augusto, en 1939 que o converteu nunha autoridade mundial recoñecida. Durante a Segunda Guerra Mundial, Syme foi catedrático de filoloxía clásica en Estambul (1942-1945). En 1949 foi nomeado profesor de Historia Antiga no Brasenose College, Oxford (1949-1970), catedrático de Historia Antiga na Royal Academy of Arts (1976-1989)


Obras[editar | editar a fonte]

Unha das súas primeiras obras foi The Spanish War of Augustus (26-25 B. C.) publicada en 1934 en The American Journal of Philology sobre a campaña de Augusto no noroeste da Península Ibérica. A obra pola que se lle recorda, The Roman Revolution (1939), foi unha análise, maxistral e controvertida ao tempo, da vida política romana no período que seguíu ao asasinato de Xulio César. Inspirado no ascenso dos réximes fascista e nazi en Italia e Alemaña e seguindo o estilo e o pesimismo de Tácito Syme devolvía a historia ás fontes antigas, mostrándonos un Augusto feroz, astuto, demagogo e hábil que restaurou a orde pública restaurando a República como pretexto para compoñer unha monarquía baseada nas relacións persoais e na ambición das familias políticas romanas, todo isto por medio dunha historia narrativa baseada nun fondo coñecemento das fontes antigas.

En 1958 saíu do prelo a súa biografía sobre Tácito, Tacitus, en dous volumes, constituíu un fito historiográfico, aínda o máis completo estudo desta figura, cun exhaustivo tratamento do contexto histórico e político. En 1964 seguiulle a biografía de Salustio, Sallust. Dedicou catro libros á Historia Augusta, unha colección de biografías dos emperadores desde Adrián ata Carino.