Promax Electrónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Promax Electrónica S.L.
TipoSociedade Limitada
Fundación1963 Barcelona, España España
LocalizaciónC/ Francesc Moragas, 71 08907 L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) España España
FundadorJosé Clotet
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosElectrónica
Telecomunicacións
DVB
editar datos en Wikidata ]

PROMAX electrónica é unha empresa de telecomunicacións e electrónica fundada en Barcelona en 1963 por José Clotet. Os primeiros instrumentos desenvolvidos por Promax incluían equipos para xerar sinais de televisión e radio e analizadores de espectros para medir e comprobar a calidade do sinal.

Factura uns 20 millóns de euros en 100 países[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Promax iniciouse no mercado fabricando instrumentos electrónicos de laboratorio. O primeiro equipo deseñado foi un xerador de sinal de televisión, un voltímetro e unha fonte de alimentación. Todos eles comezaron a comercializarse un ano despois da fundación da empresa.

En anos posteriores a empresa entrou no mercado cos primeiros osciloscopios, medidores de campo para radio e televisión, xeradores de baixa frecuencia, xeradores AM/FM etc. Tódolos equipos funcionaban a válvulas.

Promax mantén un investimento constante en I+D de preto do 15% do total da facturación.

Produtos[editar | editar a fonte]

Promax fabrica máis de 200 produtos electrónicos de medición e control.

  • Instrumentación
    • Analizadores de TV, Satélite e Cable
    • Xeradores de sinal de TV analóxica e dixital
    • Instrumentación de electricidade
    • Instrumentación Wifi, telefonía e radio
  • Equipamento para fibra óptica
  • Equipos profesionais de televisión e radio
  • Equipos electrónicos para ensino

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]