Presidente Eterno da República

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Presidente Eterno da República, Kim Il-sung.

O cargo de Presidente Eterno da República (en coreano: 공화국의 영원한 주석, tr.: Gonghwagugui yeongwonhan juseog) está estabelecido na Constitución de Corea do Norte, enmendada o 5 de setembro de 1998, onde di:

Baixo o liderado do Partido dos Traballadores de Corea, a República Democrática de Corea e o pobo coreano, estabelecerase ao Gran Líder, o Camarada Kim Il-sung, en alta estima, como o Presidente Eterno da República".[1]

Legalidade[editar | editar a fonte]

A frase "Presidente Eterno da República", só aparece no prefacio, non no texto funcional da constitución e non está asociado con ningunha oficina gobernamental con responsabilidades particulares, poderes, privilexios, etc. Ademais, a única persoa á que fai referencia, xa falecera cando a súa redacción, polo cal non constitúe un cargo oficial.

Actualmente (a 30 de decembro de 2011),[2] non hai ningún Presidente da República Democrática de Corea, sendo ese cargo abolido na constitución vixente. Os seus poderes foron divididos entre tres cargos: A Xefatura de Goberno, O Premier Choe Yong-rim, o Presidente da Asemblea Suprema do Pobo Kim Yong-nam; e o Xefe Militar (actualmente ninguén, dado o deceso de Kim Jong-il). A constitución vixente divide, de maneira formal, o poder da presidencia entre este tres cargos, con Kim Jong-un como gobernante de facto.

Notas[editar | editar a fonte]