Premio de poesía Concello de Carral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premio de Poesía Concello de Carral»)
Premio de poesía Concello de Carral
Tipopremio literario
Data de fundación1997
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Premio de poesía Concello de Carral foi instituído polo concello de Carral en 1997, para orixinais escritos en lingua galega.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Exposición sobre o certame na praza do concello.

Os obxectivos do premio son a descuberta ou consolidación de poetas de Galicia e o fomento da lectura de poesía Desde os seus inicios o certame contou coa colaboración de Espiral Maior Edicións, dirixida por Miguel Anxo Fernán-Vello, que se encargou da edición das obras gañadoras incluíndoas na súa colección de poesía.

O premio naceu xunto coa primeira biblioteca municipal de Carral, por iniciativa do concelleiro de Cultura Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro[Cómpre referencia]. Desde a primeira edición a dirección do concurso corre a cargo do técnico municipal de Cultura Carlos Lorenzo Pérez[Cómpre referencia].

A dotación económica, que aumentou cos anos, quedou fixada desde 2022 en 3.500 euros.[1] Tamén foi aumentando o número de versos requiridos nas obras presentadas, sendo nas últimas edicións de 500 versos.

Nas primeiras 20 edicións do premio presentáronse en total case 800 libros ao concurso.[Cómpre referencia].

Gañadores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BASES. XXV CONCURSO DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”" (PDF). carral.es. febreiro 2022. Consultado o 5 de maio de 2024. 
  2. Non se convocou o premio en 2003.
  3. "Xorxo Alonso gaña o XXII certame de poesía Concello de Carral". Concello de Carral. Consultado o 2019-05-15. 
  4. "Manuel López Rodríguez gana el 23º Premio Concello de Carral de Poesía". www.carral.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-23. 
  5. "Álex Mene resulta gañador do Premio de Poesía de Carral". Nós Diario. Consultado o 2021-05-05. 
  6. "Ciro Briones, de A Pobra, gana el Premio de Poesía Concello de Carral con "Oídos de espeleóloga"". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2023-05-19. 
  7. "SILVIA PENAS ESTÉVEZ CONQUISTA AO XURADO DO 27º PREMIO DE POESÍA DE CARRAL COA SÚA OBRA ‘A PEL DO EXILIO’". carral.es. 4 de maio de 2024. Consultado o 5 de maio de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]