Portmeirion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°55′04″N 4°05′35″W / 52.91778°N 4.09293°W / 52.91778; -4.09293

Portmeirion
Portmeirion view of central plaza.jpg
Vista da praza central de Portmeirion
Situación xeográfica
Portmeirion en Gales
Portmeirion
Portmeirion
País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación Constituínte Gales Gales
Rexión Gwynedd
Concello Penrhyndeudraeth
Xeografía
Altitude msnm
Poboación
Poboación
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web Páxina oficial

Portmeirion é unha popular vila turística de Gwynedd, Gales. Foi deseñada e construída por Sir Clough Williams-Ellis entre 1925 e 1975 seguindo o estilo das vilas italianas, e hoxe é propiedade dunha causa benéfica.

A vila está localizada no concello de Penrhyndeudraeth, no estuario do Río Dwyryd, a 2 km ó sureste de Porthmadog, e a 1 km da estación de tren de Minffordd. Portmeirion serviu como localización de numerosos filmes e series de televisión, sendo coñecida por ser escenario de "The Village" no programa de televisión de 1960 The Prisoner.

Historia[editar | editar a fonte]

Malia as abondosas opinións que din que o lugar está baseado na vila de Portofino, en Italia, o creador de Portmeirion, Sir Clough Williams-Ellis, rexeita a atribución directa, afirmando que nada máis quixo facer homenaxe á atmosfera do Mediterráneo. Porén, nunhas declaracións, aludiu ó porto italiano dicindo:

Como non me había namorar de Portofino? A súa imaxe quedou en min coma un exemplo practicamente perfecto de embelecemento humano e uso dun lugar exquisito...
Sir Clough Williams-Ellis

Williams-Ellis deseñou e construíu a vila entre 1925 e 1975. Empregou anacos das demolicións doutros edificios, algúns dos cales, feitos por outros arquitectos distinguidos. Esta arquitectura de bricolaxe e a súa nostalxia deliberada contribuíron ó desenvolvemento do postmodernismo na arquitectura de finais de século XX.

Vista panorámica de Portmeirion

O corpo principal do hotel e das casiñas chamadas White Horses, Mermaid e The Salutation[nota 1] formaron parte dunha grande finca de nome Aber Iâ (galés, Estuario de Xeo), de mediados dos anos 1850, nunha zona onde houbo unha fundición e uns pequenos estaleiros. O arquitecto, Williams-Ellis cambiou o nome da zona polo de Portmeirionporto por estar na costa, Meirion polo condado de Mirionnydd, onde se situaba daquela.[1]

No ano 1931, Williams-Ellis mercoulle ó seu tío, Sir Osmund Williams, a mansión vitoriana "Castelo Deudraeth" coa intención de incorporala ó complexo hoteleiro de Portmeirion, pero non puido facelo por mor da Segunda Guerra Mundial. Williams-Ellis considerou sempre que o castelo era o edificio máis grande e maxestoso da Finca Portmeirion, e encargouse de adquirilo. Finalmente, con subvenciones da fundación cultural da lotaría británica[nota 2], o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e a oficina de turismo de Gales, o castelo Deudraeth abriu no 2001 coma un hotel, con 11 habitacións e restaurante.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Portmeirion en BBC Wales Documentary, 2006

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portmeirion

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/> correspondente ou falta unha etiqueta </ref> de peche