Portal:Portugal/Cidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Entre os monumentos máis salientables da cidade encóntranse o Castelo de São Jorge, a Sé de Lisboa, o Convento do Carmo, ou as dúas construcións clasificadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: o Mosteiro dos Xerónimos e a Torre de Belém, ambas en Belém. Tamén destaca o barrio de Alfama, de estreitas vielas e que sobreviviu ao terremoto que arrasou a cidade en 1755.