Portal:Hóckey a patíns/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Hóckey a patíns:

1[editar a fonte]

Pedro Gil Gómez (tamén coñecido como Pedrito Gil), nado en Sant Sadurní d'Anoia o 13 de decembro de 1980, é un xogador de hóckey a patíns catalán e que xoga na demarcación de dianteiro. Dende a tempada 2013-14 xoga no Hockey Club Forte dei Marmi italiano. Pedro Gil desenvolveu a maior parte da súa carreira en Portugal, gañando co FC Porto sete campionatos portugueses (5 deles consecutivos) nas oito tempadas que xogou no club luso.

Entre as súas características salienta a súa velocidade, axilidade e a súa capacidade goleadora, que o levaron a ser considerado como un dos mellores dianteiros do mundo.


2[editar a fonte]

António José Parreira do Livramento (máis coñecido como António Livramento), nado en São Manços (Évora) o 28 de febreiro de 1943 e finado en Lisboa o 7 de xuño de 1999, foi un xogador de hóckey a patíns português, considerado por moitos o mellor xogador de todos os tempos. Conseguiu numerosos títulos durante a súa longa carreira, tanto como xogador, como no posto de adestrador. Livramento desenvolveu case toda a súa carreira deportiva en Portugal, xogando nos dous equipos lisboetas (SL Benfica e SC Portugal), cos que gañou numerosos títulos nacionais, amais de formar parte do equipo que conseguiu a única Copa de Europa do Sporting en 1977. Foi máis de 209 veces internacional coa selección portuguesa, participando na consecución de tres Campionatos do Mundo e sete Campionatos de Europa.

Logo da súa retirada como xogador adestrou ao FC Porto e ao SC Portugal, conseguindo títulos nacionais e continentais a nivel de clubes, así como dous novos Campionatos do Mundo e tres Campionatos de Europa como seleccionador do combinado portugués. Faleceu subitamente en 1999, aos 56 anos, vítima dunha trombose.


3[editar a fonte]

Daniel Martinazzo, nado en San Juan de la Frontera o 9 de xaneiro de 1958 é un ex-xogador de hóckey a patíns arxentino. Iniciou a súa carreira no Club Deportivo Unión Estudiantil da súa cidade natal, e en 1980 asinou co HC Castiglione italiano. Desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no HC Liceo, equipo co que gañou 5 ligas españolas, 3 Copas de Europa, 1 Copa CERS e 2 Copas Intercontinentais.

En 1978 recibiu o Premio Olimpia de Ouro coma o deportista arxentino máis destacado do ano. En 1980 e 1990 recibiu o Premio Konex de Platino como mellor xogador arxentino da década na súa especialidade. En 1980 o premio ao xogador máis correcto do Campionato do Mundo dese ano. En 1983, o Comité Olímpico Italiano outorgoulle a medalla ao Mérito Deportivo.


4[editar a fonte]

Portal:Hóckey a patíns/Personalidade destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Hóckey a patíns/Personalidade destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Hóckey a patíns/Personalidade destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Hóckey a patíns/Personalidade destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Hóckey a patíns/Personalidade destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Hóckey a patíns/Personalidade destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Hóckey a patíns/Personalidade destacada/10