Portal:Finlandia/Biografía destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tove Jansson, nada en Helsinqui o 9 de agosto de 1914 e finada na mesma localidade o 27 de xuño de 2001, foi unha escritora finlandesa de expresión sueca, especialmente coñecida como creadora da serie de libros infantís Mumintroll e que recibiu o Premio Hans Christian Andersen en 1966.

De pais artistas, Jansson estudou arte entre 1930 e 1938 en Estocolmo, Helsinqui e posteriormente en París. A súa primeira exposición artística en solitario tivo lugar en 1943. Ao mesmo tempo, ela escribiu historias curtas e artigos para a súa publicación, así como creando os debuxos para capas de libros e outros fins. Ela continuou a traballar como artista durante o resto da súa vida, amais da súa carreira como escritora. Jansson residiu en nunha pequena illa das illas Pellinki (no Golfo de Finlandia) nunha casa no campo que seus país tiñan preto da cidade de Porvoo.

A partir da súa obra semiautobiográfica Bildhuggarens dotter en 1968, Jansson escribiu seis novelas e cinco libros de historias curtas para adultos.