Portal:Ópera/Sobre a Ópera/xuño 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La fanciulla del West é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Guelfo Civinini e Carlo Zangarini sobre a obra do dramaturgo estadounidense David Belasco The Girl of the Golden West. A súa estrea tivo lugar o 10 de decembro de 1910 na Metropolitan Opera de Nova York baixo a dirección de Arturo Toscanini e coas estrelas do "Met" Emmy Destinn e Enrico Caruso nos papeis principais de Minnie e Dick Johnson.

Mentres que Puccini a considerou unha das súas grandes obras, La fanciulla del West converteuse nunha ópera menos popular no repertorio do compositor, cunha trama que foi fonte de moitas críticas, pero que a meirande parte dos académicos e músicos concordan en denominala un magnum opus, particularmente eloxiando a súa artesanía.