Pluralismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pluralismo é unha doutrina filosófica que postula unha pluralidade orixinaria de elementos, a partir das cales se explica a formación da realidade. Polo tanto o pluralismo oponse ao monismo.

Na filosofía antiga o pluralismo está representado por Empédocles (que postula a existencia de catro elementos) Anaxágoras de Clazomenas (homeomerías) e Demócrito de Abdera (átomos). Na filosofía moderna o seu máximo representante foi Leibniz, coa súa monadoloxía.

Variedades do pluralismo[editar | editar a fonte]

  • Monopluralismo, admite a interacción entre realidades independentes.
  • Pluralismo absoluto, que nega a posibilidade do anterior e atribúe ao azar calquera enlace entre elementos dispersos.
  • Pluralismo harmónico, que atribúe a articulación das realidades nunha xerarquía ou un principio determinado.

Universo[editar | editar a fonte]

O tema do pluralismo aparece unha vez resolta a cuestión preliminar da natureza do universo. Así, cando o universo se reduciu a unha realidade fundamental, tratase de indagar se tal realidade de base é unha ou múltiple, simple ou composta.

A resposta que afirma non a unicidade, senón a multiplicidade, denomínase pluralismo. O concepto refírese tanto ao cuantitativo —cantidade de entidades— como cualitativo -diferenza de naturezas dos diferentes principios.

Presocráticos[editar | editar a fonte]

Entre os presocráticos hai varios filósofos pluralistas. Neles dáse especialmente a cuestión porque ocúpanse dos principios do que constitúe a totalidade do que é.

En particular son pluralistas Empédocles e Demócrito. A diferenza de Tales de Mileto, que era monista, en tanto sostiña que a agua era a substancia primordial, Empédocles sostivo a doutrina dos catro elementos fundamentais: terra, agua, aire e lume.

Anaxágoras tamén debe considerarse na categoría dos pluralistas. A súa doutrina das homeomerías supón unha multitude de partículas que se encontran, todas, en todos os corpos.

Posicións monistas son as de Anaxímenes, ó dicir que todo é aire. E nun sentido moito máis complexo pois fundou a ontoloxía occidental, Parménides, ao afirmar a unidade absoluta do ser, e a non existencia do non ser.

A posición de Demócrito é premonitoria no plano científico posterior. Afirma que a realidade componse de pequenas substancias indivisibles denominadas átomos; é dicir, en grego, o que non se pode dividir. Demócrito atribuíu a cada átomo as características definitorias do ser dadas por Parménides. Cada átomo é invariable nel mesmo e desprazándose no baleiro da lugar ás configuracións que dan forma aos entes sensibles. O que de maneira vulgar denominamos, corpos.

Leibniz[editar | editar a fonte]

Leibniz é un filósofo que destaca no pluralismo decidido polas súas ideas. As unidades ou mónadas constitúen a realidade. Son entidades absolutas e incorpóreas que en grupo dan a realidade do universo. Algunhas teñen conciencia, e son as almas. Todas son sen ventás comunicantes e a harmonía de comunicación entre elas dáse por unha harmonía preestablecida por Deus, desde sempre.

A Monadoloxía —a súa última obra, publicada despois da súa morte— é o tratado de metafísica de Leibniz, no que se ocupa con amplitude e detalle das mónadas. A palabra non é de Leibniz senón de Giordano Bruno. E Bruno tomouna de Plotino.

A mónada é substancia, é realidade. É algo máis que un simple pensamento. Pero carece de extensión e polo mesmo é indivisible. Por este motivo é enerxía pura. Individual e simple. A mónada non ten partes. Dótase de percepción e apetición. É por esta que pasa dunha percepción a outra.

A mónada, pois, ten percepción, pero algunhas delas teñen apercepciones. As mónadas que dispoñen de percepcións apercepcións son as almas. Un plano superior da xerarquía metafísica. Leibniz define a apercepción coma a capacidade da mónada de darse conta (conciencia) de que está percibindo.

As mónadas que teñen soamente percepción, son inconscientes da mesma. As almas, superiores, teñen percepción, apercepción e memoria. Así os animais teñen percepción, pero carecen de apercepción.

No ápice das mónadas está a mónada suprema, que é Deus. Mónada perfecta na que todas as percepcións son apercepcións. Todas son alí ideas claras e ningunha é confusa (ver Descartes).

Desta maneira o universo é un enxame infinito de mónadas, unha especie de arquitectura xerárquica, en cuxo basamento atópanse as mónadas materiais —que constitúen os corpos— e por encima están as almas con percepción, apercepción e memoria. A mónada que habita na cúspide é Deus, pura apercepción.

Deus, ao crear o universo creou a totalidade das mónadas, que por ser "sen ventás", non deben ter comunicación recíproca. Se o mundo funciona como todo estruturado é porque Deus preveu unha harmonía preestablecida, entre as mesmas. Leibniz apela a metáfora do reloxeiro perfecto na articulación das partes, xa que entre elas non debe contactar.

En cincocentas páxinas que se chaman "Teodicea", Leibniz argumenta que o mal existe, pero que existe a menor medida que é posible. Cando Deus crea o universo considera que o creado "é o mellor dos mundos posibles". Con este argumento xustifícase a presenza do mal no mundo e paralelamente exculpase á divinidad pola existencia do mesmo.