Plátano occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plátano occidental
Plátano occidental
Plátano occidental
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Dicotiledónea Magnoliopsida
Orde: Proteales
Familia: Platanaceae
Xénero: Platanus
Especie: P. occidentalis
Nome binomial
Platanus occidentalis
L.
Platanus occidentalis range map.svg

O plátano occidental (Platanus occidentalis), tamén coñecido coma plátano de Virxinia ou plátano americano, é unha especie do xénero Platanus nativa de América do Norte.

É unha árbore de grande talle, acadando os 30 e 40 m de altura. Medra ben dende climas secos a húmidos. Iowa a Ontario e Maine no norte, Nebraska no oeste, sur de Texas á Florida. É unha especie moi achegada aos outros Platanus. Aparece en México e os estados do sudoeste dos EUA

Ás veces cultívase pola madeira.

É susceptíbel á antracnose (Apiognomonia veneta, sin. Gnomonia platani), un fungo introducido naturalmente dende o Platanus orientalis, que desenvolveu unha considerábel resistencia á enfermidade. Moi rara vez o mata, mais si o defolia apreciabelmente, resultando en mermas de rendemento de madeira. Por iso o "plátano americano" dificilmente se planta; plantando o plátano común (híbrido P. occidentalis x P. orientalis), moito máis resistente.

É alimento da praga Neochlamisus platani.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Esta árbore sae na película de debuxos animados Pocahontas da factoría Disney. Tamén sae na película Flipped.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plátano occidental