Pirrón de Elis

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pirrón, (en grego Πύρρων οu Ηλείος) (360 adc – 270) natural de Élide –cidade provincial ó nordeste do Peloponeso, Grecia– foi o primeiro filósofo escéptico que fixo da dúbida o problema central de toda a súa filosofía.

Coñécese a súa existencia a través do seu discípulo Timón e, segundo conta, era tan radical na súa postura que negaba que se puidese chegar ós primeiros principios da dedución aristotélica. (Aínda que non era tan radical como Antístenes, que renunciou a toda clase de filosofía.)

Por motivos facilmente imaxinables a Idade Media escolástica foi moi hostil cara á filosofía pirroniana, e como consecuencia diso destruíronse gran parte dos contidos escépticos.

Ferramentas persoais