Pilro pequeno
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pilro pequeno | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Calidris minuta | ||||||||||||
O pilro pequeno (Calidris minuta) é unha ave limícola moi pequena que cría nas zonas árticas de Europa e Asia.
Descrición [editar]
Mide de 12 a 14 cm de lonxitude cunha envergadura de alas de entre 28 e 31 cm. o peso vai dos 20 ós 30 gramos. A plumaxe da época de cría é vermelle rosada na parte superior do corpo, cun raiado fino na cabeza e no peito. A parte inferior é branca. As patas son negras, detalle que o diferencia da especie Calidris temminckii, moi semellante. A plumaxe invernal é uniformemente gris.
