Perviy Kanal
| Perviy Kanal | |
|---|---|
| Inicio das emisións | 22 de marzo de 1951 |
| Formato da imaxe | 576i |
| Datos de audiencia | 15,4% (agosto de 2010, TNS Russia) |
| País | |
| Lingua | Ruso |
| Área de emisión | África América do Norte |
| Sede central | Moscova |
| Nome(s) anterior(es) | 1951-1991: USSR Central TV Program 1 1991-1995: Ostankino Channel 1 1995-2002: Public Russian Television |
| Páxina web | http://www.1tv.ru |
Perviy Kanal (en cirílico Первый канал, en galego Primeira Cadea, 1TV ou Canal 1 Rusia) é a primeira cadea de televisión da Rusia. É unha cadea de titularidade pública e pertence ao Estado, porén ten accionario privado e funciona coma unha cadea xeralista. Desde o ano 1993 pertence á Unión Europea de Radiodifusión. A súa sede esta na Torre Ostankino de Moscova.
Índice |
Historia [editar]
Cando a Unión Soviética desapareceu no ano 1991, a Federación Rusa asumiu a maior parte das súas estruturas e institucións. Un dos primeiros actos do novo goberno de Boris Ieltsin foi a sinatura dun decreto presidencial o 27 de decembro de 1991, que prevé a competencia de Rusia sobre o sistema de televisión central. A cadea sufríu unha forte crise económica durante varios anos e mediante un decreto presidencial do 30 de novembro de 1994 foi transformada en sociedade anónima.
No ano 1995 naceu a Televisión Pública Rusa (en ruso Общероссийский телевизионный канал), denominación que mantivo ata o ano 2002. A nova cadea mantivo programas da televisión soviética que eran populares entre a poboación e introduciu outros novos. O primeiro director da cadea foi o periodista Vladislav Listyev. A privatización parcial realizouse debido a delicada situación económica da cadea.
Tras o colapso financieiro de 1998, a cadea recibíu un préstamo por parte do goberno duns 100 millóns de dólares. [1]
A partir do ano 2000 a cadea cambio o seu nome polo actual Perviy Kanal.
No ano 2009 foi a encargada da organización do Festival de Eurovisión celebrado en Moscova trala vitoria o ano anterior en Belgrado (Serbia) do cantante Dima Bilan, sendo esta a primeira vez que Rusia gañaba dito certame musical.
Cadeas irmás [editar]
- Dom Kino | Cinema House (2) — cine
- Muzyka Pervogo | Channel One Music (3) — música
- Vremya | Time (4) — Historia do século XX
- Telenyanya | TV Nanny (5) — para nenos
- Telecafe | Television Café (6) — comida
Notas [editar]
- ↑ Television in the Russian Federation: Organisational Structure, Program Production and Audience
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Official website (en ruso)
- Official Worldwide Site (en ruso)