Torre Ostankino
A Torre Ostankino (en ruso: Останкинская телебашня), situada en Moscova, capital da Federación Rusa, é con 540 metros de altura a torre de telecomunicacións máis alta de Europa e a segunda máis alta do mundo, sendo só superada pola Torre CN de Toronto, Canadá. Entre as construcións en xeral, é a terceira máis alta, sendo a primeira o rañaceos Burj Dubai. A torre foi construída entre 1963 e 1967. Durante oito anos foi a estrutura máis alta do mundo. O enxeñeiro ca proxectou foi Nicolai Nikitin, responsable por exemplo da estrutura da estatua ¡A Nai Patria chama! de 85 metros de altura.
Índice |
Historia [editar]
Incendio [editar]
O 27 de agosto de 2000 ocorreu un gran incendio na torre que iniciouse a unha altura de 460 metros e no que arderon tres pisos completamente. Durante a extinción do lume finaron tres persoas.
Decenas de cables que sosteñen o edificio rompéronse pola calor, pero a pesares disto a torre resistiu en pé. Máis tarde estes cables foron repostos. Actualmente a súa reconstrución está paralizada, e por razóns técnicas non se instalou un elevador adicional.
O 25 de maio de 2007 a torre incendiouse outra vez, porén este incendio non tivo consecuencias tan serias como o do ano 2000. Todas as persoas que estaban no interior da torre foron evacuadas e o lume foi extinguido sen problemas.
Restaurante [editar]
O restaurante O sétimo ceo atopase a unha altura de 328 metros e ocupa uns tres pisos. Ten forma circular e xira sobre o seu eixo cunha velocidade de entre unha e tres voltas por hora.[1]
En toda a súa historia, o restaurante e a plataforma de observación recibiron máis de 10 millóns de visitas.[2]
Na actualidade a plataforma de observación está reparada e desde o 7 de abril do ano 2009 realízanse excursións para grupos organizados. Porén o restaurante permanece pechado.
Bandeira [editar]
Ata o ano 1991 a bandeira da Unión Soviética estaba situada na parte superior da torre. O 12 de xuño de 2009, coincidindo co Día de Rusia izouse unha bandeira de Rusia de 2,5 metros de ancho e 5 de largo. [3]
Servizos de Telecomunicacións [editar]
Televisión [editar]
| Programa | Canal | Frequencia | ERP |
|---|---|---|---|
| Perviy Kanal | 1 | 52 MHz | 40 kW |
| TV Center | 3 | 80 MHz | |
| Sport | 6 | 178 MHz | 100 W |
| NTV | 8 | 194 MHz | |
| RTR | 11 | 218 MHz | 60 kW |
| TV Daryal | 23 | 490 MHz | 10 kW |
| Euronews | 25 | 506 MHz | |
| STS-Moscow | 27 | 522 MHz | |
| 7 TV | 29 | 538 MHz | 10 kW |
| Domashny | 31 | 554 MHz | 20 kW |
| ORT, RTR, Eurosport, Euronews | 32 | 562 MHz | 1,3 kW |
| Culture | 33 | 570 MHz | 20 kW |
| TNT | 35 | 586 MHz | 2 kW |
| MTV | 38 | 610 MHz | |
| TV-3 Russia | 46 | 674 MHz | |
| REN-TV | 49 | 698 MHz | 1 kW |
| Muz-TV | 51 | 714 MHz | |
| ZVEZDA | 57 | 762 MHz | |
| 2 X 2 | 60 | 786 MHz | 5 kW |
Radio [editar]
| Estación | Frequencia | ERP |
|---|---|---|
| "Radio Russia", "Radio Podmoskovie", "Radiocompany Moscow" | 66,44 MHz | 15,0 kW |
| "Unost" | 68,84 MHz | 15,0 kW |
| "Mayak" | 67,22 MHz | 15,0 kW |
| "Europa Plus" | 69,80 MHz | 15,0 kW |
| "Russian Radio" | 71,30 MHz | 10,0 kW |
| "Orpheus" | 72,14 MHz | 15,0 kW |
| "Radio Retro" | 72,92 MHz | 15,0 kW |
| "Echo of Moscow" | 73,82 MHz | 10,0 kW |
| "Radio Retro" | 88,30 MHz | 1,0 kW |
| "Radio Jazz" | 89,10 MHz | 1,0 kW |
| "Classic Radio" | 100,90 MHz | 5,0 kW |
| "Dinamit FM" | 101,2 MHz | 10,0 kW |
| "Radio Maximum" | 103,7 MHz | 10,0 kW |
| "Russian Radio" | 105,70 MHz | 10,0 kW |
| "Europa Plus" | 106,2 MHz | 10,0 kW |
Notas [editar]
- ↑ Historia (en ruso)
- ↑ Plataforma de observación (en ruso)
- ↑ Despliegan la bandera rusa en la torre más alta de Europa
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ostankino Television Tower
- BBC: Moscow's TV tower saved
- Ostankino Tower Above the Clouds at EnglishRussia.com
- Ostankino Tele Tower at Skyscraperpage.com
- Building Tallest Tower at EnglishRussia.com