Paulino Pardo de Neyra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaulino Pardo de Neyra
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Baralla, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de novembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata

Paulino Carlos María Pardo de Neyra, ou Pardo Neira, nado en Baralla en 1898 e finado en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1990, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Organizou con Evaristo Correa Calderón, Casiano Díaz Moreno e Faustino Cela a Irmandade da Fala de Baralla en 1917. Ingresou no Corpo de Prisións e pediu a excedencia en 1924.[1] Foi funcionario do Corpo de telégrafos destinado en Palas de Rei. Na ditadura de Primo de Rivera foi xefe local da Unión Patriótica de Palas de Rei.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 encerrouse con varios homes armados na casa do Concello de Palas de Rei. Foi detido e condenado sen xuízo a pena de morte. Por intercesión familiar conseguiron a anulación da pena. Foi desterrado a Leganés e multado con 5.000 ptas. Despois foi funcionario de telégrafos de Santiago. Reingresou no Corpo de Prisións nos anos corenta. Foi destinado como funcionario á prisión do partido de Santiago de Compostela en 1950,[3] da que foi xefe de Administración dende 1952.[4] En 1958 foi nomeado director da prisión de Santiago de Compostela.[5] Finou en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1990.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Marina Soto Viña, foi pai de María del Carmen, Alfonso, Esther e José Pardo Soto, e avó de Xulio Pardo de Neyra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Regional, 15-4-1924, p. 3.
  2. El Regional, 10-1-1928, p. 2.
  3. La Noche, 25-3-1950, p. 2.
  4. La Noche, 9-10-1952, p. 2.
  5. La Noche, 2-8-1958, p. 8.
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-11-1990, p. 64.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pardo de Neyra, Xulio (2017). Da fidalguía á República. Achegamento histórico aos estratos fidalgo e labrego da Ulloa através das familias Arias-Somoza e Ouro. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]