Patty's World

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Patty's World
Autor/aPurita Campos e Phillip Douglas
Lingualingua inglesa e lingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Patty's World é unha serie de historietas creada en 1971 polo guionista británico Philip Douglas e a debuxante española Purita Campos.

Traxectoria editorial[editar | editar a fonte]

A primeira historieta de Patty's World apareceu na revista británica Princess Tina en 1971. O guión era obra do inglés Philip Douglas, mentres que os debuxos eran obra da debuxante española Purita Campos. Foi publicada posteriormente noutros moitos países, como Alemaña, Australia, Canadá, Grecia, Holanda e Suráfrica. En España, a editorial Bruguera incluíuna, co título de Esther y su mundo na revista Lily a partir de 1974.[1]

En 1981 e dado o seu éxito, Bruguera editou unha revista de historietas co seu propio nome.[2]

En 2006, a serie foi relanzada por Edicións Glénat co título de Las nuevas aventuras de Esther, despois dunha exitosa reedición dos números antigos en formato álbum. Purita Campos séguese encargando dos debuxos, mentres que Carlos Portela fai o propio cos guións.[1]

Argumento e personaxes[editar | editar a fonte]

Esther é a protagonista indiscutible destas historias xunto coa súa mellor amiga Rita, o seu amor platónico Juanito, a súa irmá máis vella Carol e o seu rival Doreen; ademais doutros personaxes secundarios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hermosín, Antonio (03/09/2007). Vuelve 'Esther y su mundo, "El Mundo".
  2. Guiral (09/2010), p. 149.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]