Patricia García González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPatricia García González
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua galega e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Patricia García González, nada en Vigo o 12 de xullo de 1975, é unha empresaria e política galega do PPdeG.

Papeleta das autonómicas de 2024, García foi de segunda por Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo (1997). Impartiu clases en Thema Formación. Fundou en 1999 o grupo empresarial Femxa Formación e controla o holding empresarial Green Smart Ventures. En 2018 foi elixida presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia,[1] deixou o posto en 2021 para unirse ao PPdeG. Nas eleccións municipais de 2023 foi candidata no posto seis da lista do PPdeG de Vigo e non foi elixida concelleira. Logo da dimisión de Irene Garrido, entrou como concelleira.[2]

Membro da executiva do PPdeG de Vigo, foi candidata número dous na lista do PPdeG da provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas de 2024,[3][4] resultando elixida deputada.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]