Partido Socialista do Reich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Socialista do Reich
Logo
Tipopolitical party in Germany
IdeoloxíaNazismo, Strasserismo e nacional-bolchevismo
Data de fundación2 de outubro de 1949
Data de disolución12 de setembro de 1952
Presidente/aOtto Ernst Remer (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
PaísAlemaña
editar datos en Wikidata ]

O Partido Socialista do Reich (en alemán: Sozialistische Reichspartei Deutschlands, SRP) foi un partido político alemán fundado en 1949 tras escindirse do Partido do Imperio Alemán o sector máis abertamente nacionalsocialista. Os seus líderes foron Otto Ernst Remer, antigo xeneral do Estado Maior e responsable de abortar o putsch dos oficiais contra Hitler en xuño de 1944 e Fritz Dorls. O SRP defendía que Konrad Adenauer era un monicreque dos americanos e que Karl Dönitz era o último Führer lexítimo do Reich alemán. Rexeitaba a existencia do Holocausto e defendía a existencia dunha Europa unida baixo o liderado dun Reich alemán reunificado que se alzase como unha terceira forza entre o capitalismo e o comunismo.

O SRP tiña arredor dos 10.000 membros e estaba representado no Parlamento de Baixa Saxonia con 16 escanos (11% dos votos nas eleccións de 1951) e no de Bremen con 8 (7,7% dos votos nas eleccións de 1951). O Reichsfront era o organización paramilitar do PSR. En 1952 o Tribunal Constitucional alemán prohibiu o partido e unha parte importante dos seus membros volveron ao Partido do Imperio Alemán.