Park Chu-Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Park Chu-Young
Información persoal
Nome Park Chu-Young
Nacemento 10 de xullo de 1985
Lugar de nacemento Daegu
Altura 1.80 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Arsenal
Número 30
Carreira xuvenil
2001–2003 Cheonggu High School
2002 → Zico Football Center
2003 Korea University
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2008 FC Seoul 69 (23)
2008–2011 AS Mónaco 91 (25)
2011– Arsenal FC 1 (0)
2012–2013Celta de Vigo (cedido) 21 (3)
2014Watford FC (cedido) 2 (0)
2014–2015 Al-Shabab FC 7 (1)
2015– FC Seoul 11 (3)
Selección nacional
2005– Corea do Sur 61 (23)
Na rede
Instagram: chuyoungpark10 Olympic.org: chuyoung-park FIFA: 207761 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de abril de 2013.
Selección: actualizado a 11 de setembro de 2012.editar datos en Wikidata ]

Park Chu-Young (Hangul: 박주영, Hanja: 朴主永; e tamén coñecido como Park Ju-Young) nado o 10 de xullo de 1985 en Daegu, Corea do Sur, é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras destacar cas seleccións de Corea do Sur Sub-20 e Sub-23 e ser nomeado Futbolista Asiático Xove do Ano pola Confederación Asiática de Fútbol, en 2005 fichou polo FC Seoul da K-League de Corea do Sur, no primeiro ano marcou 18 goles sendo o segundo máximo goleador do campionato e Novato do ano. A tempada seguinte deu un pequeno baixón pero recuperou á seguinte pero unha lesión apartouno dos terreos de xogo.

En 2008 fichou polo AS Mónaco por seis millóns de euros[1], onde militou tres tempadas, na última das cales marcou 12 goles, o que o levou a fichar polo Arsenal FC o 30 de agosto de 2011 da Premier League, co equipo inglés debutou na Liga de Campións ante o Olympique de Marsella.

Tras varios reforzos do equipo londiniense foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 2012/2013[2].

Coa selección absoluta[editar | editar a fonte]

Medallas olímpicas
Bronce C-1000 Londres 2012

Comezou na Selección de fútbol de Corea do Sur Sub-20 no Campionato Xuvenil da AFC 2004, onde gañou o Balón de Ouro e foi escollido Xogador máis valioso do torneo. Tamén co combinado nacional participou no Campionato Mundial Xuvenil da FIFA en 2003 e 2005. Consagrouse ante o público coreano no 2005 cando a Selección Sub-20 foi convidada a un torneo de oito equipos en Qatar, nese torneo anotou dous goles ante a China, tres contra Ucraína, dous ante Alxeria e outros dous antes Xapón.

Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2012 coma un dos tres xogadores maiores de 23 anos, onde o equipo acadou a medalla de bronce.

Na actualidade é o capitán da Selección de fútbol de Corea do Sur[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.soccerfame.es/transfer/4145/park-chu-young[Ligazón morta]
  2. "El Celta ficha al surcoreano Park Chu-Young, del Arsenal". AS.com (en castelán). 2012-08-31. Consultado o 2019-12-14. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2013.