Palmach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Palmach (hebreo - פלמ"ח ) foi a unidade paramilitar de elite israelí integrada na Haganah. Estableceuse o 15 de maio de 1941, e en 1948 consitía en tres divisións e forzas auxiliares aéreas, navais e de intelixencia. Entre os líderes da Palmach estiveron Moshé Dayán, Itzhak Sadeh, Yigal Allon e Yitzhak Rabin.
A Palmach influíu significativemente na sociedade israelí, os seus membros convertéronse nos altos mandos das Forzas de Defensa Israelís.

Historia[editar | editar a fonte]

Establecida polo exército británico e a Haganah para protexer palestina dunha posible invasión nazi e para axudar ás forzas británicas nunha posible invasion de Siria e Líbano, os británicos adestraron e armaron aos seus membros. Trala vitoria dos británicos en El-Alamein (1942) os británicos ordenaron o desmantelamento do Palmach, e a totalidade da organización pasou á clandestinidade, refuxiándose nos kibbutzs, combinando o entremamento militar co traballo agrícola.
Entre 1945 e 1946 o Palmach realizou ataques contra da infraestrutura dos británicos en Palestina, pero tralo arresto da maioría dos líderes do Palmach o 29 de xuño de 1946, os ataques finalizaron. Na Guerra árabe-israelí de 1948 a Palmach organizou a defensa dos asentamentos xudeus contra das milicias árabes, o que deu tempo á Haganah a mobilizar á poboación e preparse para a guerra.