Palemónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palemónidos
(Palaemonidae)
Palaemon paucidens
Palaemon paucidens
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Palaemonoidea
Familia: Palaemonidae
Rafinesque, 1815
Subfamilias

A dos palemónidos (Palaemonidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos, a máis importante das 8 nas que se subdivide a superfamilia dos palemonoideos (Palaemonoidea).

Características[editar | editar a fonte]

Son camaróns que teñen o primeiro par de pereiopódos acabados en pinza e o carpo do segundo par de pereiópodos non está subdividido.

É unha familia moi diversificada e numerosa, e contén algunhas especies que son dos decápodos máis estudados, xa que son fáciles de encontrtar no litoral e se poden capturar doadamente.

Adoitan vivir entre as rochas e nas pradería de posidonia, e poden poñer ovos dúas o máis veces no ano, cousa pouco habitual nos decápodos.[1] [2]

Sistemática[editar | editar a fonte]

É unha familia moi extensa. Segundo a lista da ITIS[3], a familia Palaemonidae (Rafinesque, 1815), que comprende 82 xéneros e 660 especies, subdividídese en dúas subfamilias:

Dos 82 xéneres hai 3 catalogados como incertae sedis:

As especies máis comúns no Atlántico noroiental pertencen á subfamilia dos palemoninos.[4]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3, pp. 210-213.
  2. Història Natural dels Països Catalans. Enciclopèdia Catalana. Vol 9, "Artròpodes I", pp. 346.
  3. ITIS: Palaemonidae
  4. Història Natural dels Països Catalans. pp. 346-347.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palemónidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Palemónidos

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]