Périgueux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Saint-Front, vista desde a Pont des Barris.

Périgueux, en occitano Periguers [peri'gʏ:] ou Peireguers [pejre'gʏ:], é unha cidade do departamento francés de Dordoña, na rexión Aquitania. É a capital (préfecture) do departamento. O primeiro de xullo do 2005 estim´sbase a súa poboación en 29 600 habitantes. Está vencellada ao Camiño de Santiago.

Índice

[editar] Monumentos e lugares turísticos

Periguers presenta un patrimonio admirable, con 43 monumentos históricos e un importante sector conservado. Son destacábeis:

[editar] Os restos da fortaleza galorromana de Vesona

A Torre de Vesona
  • A Torre de Vesona, resto dun templo dedicado á deusa tutelar da cidade galorromana;
  • As ruínas do Anfiteatro romano, realzado hoxe por un xardín;
  • O museo Vesunna, erguido sobre os vestixios dunha domus polo arquitecto Jean Nouvel.

[editar] A cidade medieval

[editar] A cidade renacentista

  • A Maison dos Cónsules, que se mira no río Eila (nome occitano; Isle en francés);
  • O Chasteu Barriera (ruinas), castelo que debe o nome a unha familia da cidade;
  • A Maison dau Pastissier, favorecida pola restauración da Plaça Sent Loís´;
  • Varios pazos ou ostaus dos séculos XV e XVI sitos no antigo Puei Sent Front (ostaus Gamenson, Sench Astier, de Abzac de La Dosa, de Lestrada,...)

[editar] Outros

  • A Prefectura (século XIX) : cunha fachada en estilo do Segundo Imperio e salóns seguindo modelos dos pazos de Versalles, Fontainebleau e do Louvre.
  • O Museo de Arte e de Arqueoloxía do Perigòrd.
  • O Museo Militar do Perigòrd.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas