Ontario Lacus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ontario Lacus
Ontario Lacus é a mancha escura do centro cara á esquerda nesta imaxe da rexión do polo sur de Titán.
Tipo de accidente xeolóxico Lacus
Accidente xeolóxico de Titán
Diámetro ~235 km
Superficie 20.000 km2[1]
Coordenadas 72° S 183° O [2]
Procedencia do nome Relativo ó Lago Ontario que está situado entre Canadá e EUA.[2]

Ontario Lacus é un lago composto de hidrocarburos líquidos (principalmente metano e etano) da lúa de Saturno, Titán, está situado a 72,0° S 183,0° O e ten un diámetro de ao redor de 235 km e unha superficie de ~20.000 km2, extensión levemente superior á do Lago Ontario [1] e de forma semellante, tamén é este lago que se atopa entre as fronteiras do Canadá e EUA o que lle dá o nome.

Imaxe que amosa os profundos cambios que ocorren no polo sur de Titán, os cales probablemente teñen a súa orixe en choivas estacionais de hidrocarburos.A imaxe da esquerda fíxose o 3 de xullo do 2004 e a da dereita o 6 de xuño do 2005. Na imaxe do 2005 podemos apreciar as novas áreas escuras que están dentro do círculo branco. As manchas de intensa cor branca son nubes da troposfera de Titán. É posible que as novas manchas escuras que aparecen na imaxe do 2005 sexan froito de choivas de hidrocarburos.

Dende que a sonda Cassini volveu a tomar fotografías do polo sur de Titán, desta vez co radar en decembro do 2007[1] (e en moitas máis datas posteriores) quedou patente non só a confirmación de que este lago estaba formado por hidrocarburos[3], senón tamén a total confirmación da existencia de sistemas de nubes na troposfera da lúa, as cales xa foran fotografadas por primeira vez pola Cassini o 23 de outubro do 2004,[4] de tormentas e choivas que xeraron depósitos de hidrocarburos líquidos[5] e da seca ou redución de moitos lagos de menor tamaño do polo sur de Titán[6], isto último reflicte os cambios estacionais que sofren os polos de Titán, sobre todo o polo sur.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Spaceref.com (ed.). "NASA Cassini Instrument Confirms Liquid Surface Lake on Titan" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13/09/2019. Consultado o 23/04/2010. 
  2. 2,0 2,1 Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "TITAN:Ontario Lacus" (en inglés). Consultado o 03-09-2018. 
  3. NASA, ed. (30-07-2007). "NASA Confirms Liquid Lake On Saturn Moon". Arquivado dende o orixinal o 09-10-2011. Consultado o 30-07-2007. 
  4. "PIA06124: South Polar Cloud Animation". Consultado o 23-04-2010. 
  5. "Changes in Titan's Lakes". Arquivado dende o orixinal o 16-06-2009. Consultado o 23-04-2010. 
  6. "New Evidence of Seasonal Change on Titan". Consultado o 23-04-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]