Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isto é unha lista dos accidentes xeolóxicos da lúa Titán de Saturno. Os nomes oficiais para estes accidentes foron outorgados recentemente, xa que a superficie de Titán era virtualmente descoñecida ata a chegada da misión Cassini. Algúns accidentes teñen nomes informais ou alcumes.

Accidentes relativos ó albedo[editar | editar a fonte]

Estes accidentes xeolóxicos relativos ó Albedo posúen nomes de lugares sagrados ou enmeigados da literatura ou a mitoloxía mundial.

Accidentes relativos a un albedo brillante[editar | editar a fonte]

Accidente rel. ó albedo Coordenadas Procedencia do nome
Adiri 10 S 210 O Adiri, o paraíso en Melanesia.
Dilmun 15 N 175 O Dilmun, ceo sumerio.
Quivira 0 N 15 O Quivira, a lendaria cidade do medio-oeste americano
Tsegihi 40 S 10 O Tsegihi, un lugar sagrado da tribo Navajo.
Xanadu 15 S 100 O Xanadu, un palacio imaxinario que aparece na obra Kubla Khan do autor Samuel Taylor Coleridge.

Accidentes relativos a un albedo escuro[editar | editar a fonte]

Accidente rel. ó albedo Coordenadas Procedencia do nome Nome informal ou alcume
Aaru 10 N 340 O Aaru, o paraíso exipcio.
Aztlan 10 S 20 O Aztlán, o fogar mítico dos Aztecas. Parte sur da 'H xacente'
Belet 5 S 255 O Belet, o paraíso do pobo malaio.
Ching-tu 30 S 205 O Ching-tu, o paraíso do budismo chino.
Fensal 5 N 30 O Fensal, mansión divina da mitoloxía nórdica heavenly mansion Parte norte da 'H xacente'
Mezzoramia 70 S 0 O Mezzoramia, lenda italiana sobre un oasis da ledicia en África.
Senkyo 5 S 320 O Senkyo, o paraíso xaponés.
Shangri-La 10 S 165 O Shangri-La, o paraíso tibetano.

Arcūs[editar | editar a fonte]

Os Arcūs son accidentes xeolóxicos con forma de arco, os Arcūs de Titán teñen nomes de deidades da ledicia.

Arcus Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Hotei Arcus 28,0 S 79,0 O Hotei, un deus xaponés

Cráteres[editar | editar a fonte]

Os Cráteres en Titán posúen nomes de deidades da sabedoría.

Cráter Latitude Lonxitude Diámetro (km) Procedencia do nome Nome informal ou alcume
Afekan 25,8 N 200,3 O 115,0 Afekan, creador de deusas de Nova Guinea
Ksa 14,0 N 65,4 O 29,0 Ksa, deus dos Lakotas e os Oglala
Menrva 20,1 N 87,2 O 392,0 Menrva, deusa da mitoloxía etrusca 'Circus Maximus'
Selk 7,0 N 199,0 O 80,0 Selk, deusa da mitoloxía exipcia
Sinlap 11,3 N 16,0 O 80,0 Sinlap (mitoloxía), espírito dos Kachin (Jingpo)

Faculae[editar | editar a fonte]

As Faculae (manchas brillantes) posúen nomes de illas da Terra que non son politicamente independentes. Grupos de faculae teñen nomes de arquipélagos da Terra.

Facula Latitude Lonxitude Procedencia do nome Nome informal ou alcume
Antilia Faculae 11,0 S 187,0 O Antillia, o arquipélago mitolóxico do Atlántico
Bazaruto Facula 11,6 N 16,1 O Bazaruto, unha illa de Mozambique
Coats Facula 11,1 S 29,2 O Illa Coats, Canadá
Crete Facula 9,4 N 150,1 O Creta, unha illa de Grecia
Elba Facula 10,8 S 1,2 O Elba, unha illa de Italia
Kerguelen Facula 5,4 S 151,0 O As illas Kerguelen, un arquipélago subantártico de Francia
Mindanao Facula 6,6 S 174,2 O Mindanao, unha illas de Filipinas 'Irlanda'
Nicobar Faculae 2,0 N 159,0 O Illas Nicobar, un arquipélago da India
Oahu Facula 5,0 N 166,7 O Oahu, unha illas de Hawaii
Santorini Facula 2,4 N 145,6 O Santorini, unha illa de Grecia
Shikoku Facula 10,4 S 164,1 O Shikoku, unha illa do Xapón 'Gran Bretaña'
Sotra Facula 12,5 S 39,8 O Sotra, unhas illas de Noruega 'A Rosa'
Texel Facula 11,5 S 182,6 O Texel, unha illa dos Países Baixos 'Manhattan'
Tortola Facula 8,8 N 143,1 O Tórtola, unha da illas das Illas Virxes Británicas 'O caracol'
Vis Facula 7,0 N 138,4 O Vis, unha illa de Croacia

Fluctūs[editar | editar a fonte]

O termo "fluctus" refírese a fluxos do terreo (corrementos de terra). As Fluctūs en Titán teñen nomes de figuras mitolóxicas asociadas coa beleza.

Fluctus Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Ara Fluctus 39,8 N 118,4 O Ara a fermosa, unha lendaria figura de Armenia
Leilah Fluctus 50,5 N 77,8 O Layla, deusa persa
Rohe Fluctus 47,3 N 37,75 O Rohe, deusa Maorí
Winia Fluctus 49,0 N 46,0 O Winia, a primeira muller indonesia

Flumina[editar | editar a fonte]

Un flumen é un accidente xeolóxico que semella unha canle feita por río (dun líquido que non tería por que ser auga). Só hai un grupo de flumina con nome oficial en Titán.

Flumina Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Elivagar Flumina 19,3 N 78,5 W O Élivágar, un grupo de ríos xeados da mitoloxía nórdica

Insulae[editar | editar a fonte]

Insulae son illas dentro dos 'mares' de Titán. Posúen nomes de illas lendarias.

Insula Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Mayda Insula 79,1 N 312,2 O Mayda, lendaria illa do nordeste atlántico

Labrynthi[editar | editar a fonte]

Labrynthi son complexas estruturas de vales e fendas interconectadas, teñen nomes procedentes dos nomes de planetas do universo de Dune.

Labyrinthus Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Sikun Labyrinthus 77,9 S 28,9 O Sikun

Lacūs[editar | editar a fonte]

Lagos de metano líquido en Titán. Vista de Bolsena Lacus (abaixo a dereita) ata Mackay Lacus (arriba á esquerda).
Artigo principal: Lagos de Titán.

Os Lacūs[1] son lagos de hidrocarburos (na nomenclatura de Titán usase para o plural a forma Lacūs e en singular lacus, aínda que en latín a forma en plural de lacus é laci).

Accidentes de grandes círculos concéntricos[editar | editar a fonte]

Os accidentes de grandes círculos concéntricos teñen nomes de deidades da sabedoría non mundo mitolóxico.

Accidentes de grandes círculos concéntricos Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Guabonito 10,9 S 150,8 O Guabonito, deusa taína do mar
Nath 30,5 S 7,7 O deusa da sabedoría na mitoloxía irlandesa
Veles 2,0 N 137,3 O Veles, deus da mitoloxía eslava

Maculae[editar | editar a fonte]

As maculae son manchas escuras na superficie dun astro, en Titán estas manchas teñen nomes de deidades da mitoloxía mundial da ledicia, harmonía e da paz.

Macula Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Eir Macula 24,0 S 114,7 O Eir, deusa da mitoloxía nórdica.
Elpis Macula 31,2 N 27,0 O Elpis, deus da mitoloxía grega.
Ganesa Macula 50,0 N 87,3 O Ganesa, deus hindú.
Omacatl Macula 17,6 N 37,2 O Omacatl, deus da mitoloxía azteca.
Polaznik Macula 41,1 S 280,4 O Polaznik, deus da mitoloxía eslava.
Polelya Macula 50,0 N 56,0 O Polelya, deus da mitoloxía eslava.

Maria[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lagos de Titán.

Maria (plural de mare) son grandes extensións de materiais escuros nos astros, que no caso de Titán soen ser circulares (e de maior tamaño cós Lacūs). Pénsase que estas Maria están constituídos de hidrocarburos líquidos.

Planitiae[editar | editar a fonte]

As Planitiae (planicies a baixa altitude) en Titán teñen nomes procedentes dos nomes dos planetas que aparecen no universo de Dune.

Planitia Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Arrakis Planitia 78,4 S 117,0 O Arrakis
Chusuk Planitia 5,0 S 23,5 O Chusuk

Regiones[editar | editar a fonte]

As Regiones (rexións fortemente diferenciadas dos territorios adxacentes) en Titán posúen nomes de deidades da paz e da ledicia.

Regio Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Hotei Regio 26,0 S 78,0 O Budai, Deus de China/Xapón
Tui Regio 24,5 S 124,9 W Tui, deusa da mitoloxía china.

Virgae[editar | editar a fonte]

As Virgae (estrías de cor) en Titán teñen nomes procedentes de deuses da choiva da mitoloxía mundial.

Virga Latitude Lonxitude Procedencia do nome
Bacab Virgae 19,0 S 151,0 O Bacab, deus maia da choiva.
Hobal Virga 35,0 S 166,0 O Hobal, deus da choiva na mitoloxía árabe.
Kalseru Virga 36,0 S 137,0 O Kalseru, deus da choiva dos aborixes australianos.
Perkunas Virgae 27,0 S 162,0 O Perkūnas, deus da choiva, do trono e os lóstregos da mitoloxía lituana.
Shiwanni Virgae 25,0 S 32,0 O Shiwanni, deus da choiva Zuñi.
Uanui Virgae 45,2 N 235,3 O Uanui, deus da choiva Maorí.

Nomes informais e alcumes para accidentes sen nome oficial[editar | editar a fonte]

Dado que a natureza exacta de moitos dos accidentes xeolóxicos de Titán permanecen no misterio, algúns destes accidentes xeolóxicos non recibiron aínda ó seu nome oficial e son coñecidos por alcumes. En boa parte dos casos, as indicacións en relación ó brillo ou a escuridade dun accidente concreto non se refiren ó espectro visible da luz, senón que se refiren ó seu brillo ou escuridade en imaxes feitas no espectro infravermello, para así poder traspasa-la densa atmosfera de Titán. A sonda sonda Cassini-Huygens tamén comezou a facer mapas da superficie de Titán usando o radar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]