Olivier Besancenot
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olivier Besancenot, nado o 18 de abril de 1974 en Levallois-Perret (Hauts-de-Seine), é un persoeiro da política francesa, enmarcado nos grupos de ideoloxía de extrema esquerda. Carteiro de profesión, foi candidato da Liga Comunista Revolucionaria (LCR) para as eleccións presidenciais de 2002 e 2007, onde recolleu respectivamente 1.210.562 e 1.498.581 votos. A día de hoxe é o voceiro provisional do Novo Partido Anticapitalista (NPA).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web do NPA (en francés)
- Artigos de Olivier Besancenot, en La Brèche Numérique. (en francés)