Novo Partido Anticapitalista
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nouveau Parti Anticapitaliste (NPA) | |
|---|---|
| Partido político de Francia | |
| Líder | Olivier Besancenot (Voceiro) |
| Fundación | 8 de febreiro de 2009 |
| Sede | 2, rue Richard-Lenoir 93100 Montreuil |
| Ideoloxía | Anticapitalismo Altermundismo Ecologismo Feminismo Antiestalinismo Socialismo democrático |
| Representación | Sen representación |
| Páxina web | www.npa2009.org |
O Novo Partido Anticapitalista (en francés: Nouveau Parti Anticapitaliste) abreviado como NPA, é un partido político de Francia, fundado en febreiro de 2009. Os seus militantes desexan que o partido sexa o precursor dun grande partido anticapitalista a nivel europeu.[1] A Liga Comunista Revolucionaria (LCR), que é a orixe do proceso constituínte do NPA, tiña votado a súa disolución, co 87% de votos, logo de corenta anos de existencia.[2]
Notas [editar]
- ↑ « Besancenot : un nouveau parti pour une “contre-offensive globale” contre le gouvernement », AFP, 7 de xuño de 2008.
- ↑ Nace, en Francia, o Novo Partido Anticapitalista - Axencia Carta Maior, 17 de febreiro de 2009
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial do NPA (en francés)