Purple Heart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Corazón púrpura

O Corazón púrpura ou Purple Heart é unha decoración militar dos Estados Unidos. Concédese en nome do presidente aos feridos ou mortos mentres prestaban servizo, desde o 5 de abril de 1917.[a] É o sucesor da Insignia do Mérito Militar, que tomou a forma dun corazón feito de pano púrpura. O Corazón Roxo é o premio militar máis antigo que aínda se concede aos militares estadounidenses. O National Purple Heart Hall of Honor está situado en New Windsor, Nova York.

Cinta
Badge of Military Merit, o primeiro "Purple Heart"

O Purple Heart orixinal, chamado "Insignia do Mérito Militar" ("Badge of Military Merit"), foi establecido por George Washington en 1782. [2] A Insignia do Mérito Militar só foi concedida a tres soldados da Guerra de Independencia dos Estados Unidos. En caso de terse adxudicado algún máis, perdéranse os rexistros.[2] O distintivo nunca foi abolido, só foi esquecido até despois da Primeira guerra mundial [3]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

The Purple Heart é unha película bélica estadounidense de 1944.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Iso foi máis tarde cambiado para incluír a civís servindo nas forzas armadas dos EEUU. [1]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Military Order of the Purple Heart, The Legacy of the Purple Heart (Paducah, KY: Turner Publishing Co.,2001), p. 20
  2. 2,0 2,1 Fred L. Borch III, Medals for Soldiers and Airmen: Awards and Decorations of the United States (Jefferson, NC: McFarland & Company, Inc., Publishers, 2013), p. 137
  3. "Decorations". www.tioh.hqda.pentagon.mil (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2022. 
  4. "El corazón púrpura (1944)" (en castelán). Consultado o 2022-07-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]