Silencio (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En música, o silencio ou pausa é un signo da notación musical, que representa graficamente a duración dunha determinada pausa nunha peza musical. Cada figura musical ten o seu correspondente silencio, que representa o mesmo valor e duración. Pódese considerar que o silencio é una nota que non se executa.