Fusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dúas fusas e un silencio de fusa.

Fusa é unha figura musical que dura a metade que a semicorchea. As fusas represéntanse cunha cabeza de nota ovalada coloreada en negro e cunha plica vertical con tres corchetes, que teñen forma de ganchos. A dirección da plica depende da posición da nota. Ao igual que sucede con todas as figuras que levan plicas, debúxanse coa plica á dereita da cabeza da nota e cara arriba, cando o son representado está por debaixo da terceira liña do pentagrama.