Corchea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dúas corcheas (abaixo e encima da terceira liña) e a súa pausa correspondente

Corchea é o nome da nota musical cuxa duración é de 1/8 dunha redonda ou metade dunha negra.

A corchea represéntase por un círculo preenchido con hasta e unha bandeirola. Cando a nota se escribe até a terceira liña da partitura a hasta fica á dereita da nota e virada para enriba. Cando a nota está encima da terceira liña, a hasta fica á esquerda da nota e virada para baixo. A bandeirola sempre fica á dereita da hasta.

A pausa con duración de corchea é unha liña curta na diagonal cunha bandeirola.

Catro corcheas agrupadas

Cando hai máis de unha corchea na secuencia, estas agrúpanse para facilitar a lectura. O agrupamento faise mantendo a figura e a súa hasta e substituíndo a bandeirola por unha liña de unión entre as hastas. Cando a maior parte das notas do grupo está abaixo da terceira liña, o agrupamento faise por enriba da nota. Cando a maior parte está por riba da terceira liña o agrupamento faise abaixo das notas. En xeral o agrupamento faise para compor unha unidade de tempo (dúas corcheas en compases 2/4, 3/4 ou 4/4, tres corcheas en compases compostos - 6/8, 9/8 ou 12/8 e catro corcheas en compases 2/2 ou 4/2).