O gran ditador
| O gran ditador | |
|---|---|
| Título orixinal | The Great Dictator |
| Ficha técnica | |
| Director | Charlie Chaplin Wheeler Dryden |
| Produtor | Charlie Chaplin |
| Guión | Charlie Chaplin |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Charlie Chaplin Paulette Goddard Jack Oakie Reginald Gardiner Henry Daniell Carter De Haven Grace Hayle Maurice Moscovitch Billy Gilbert |
| Música | Charlie Chaplin Meredith Willson |
| Fotografía | Rollie Totheroh Karl Struss |
| Montaxe | Willard Nico |
| Estudio | |
| Distribuidor | United Artists |
| Ano | 1940 |
| Duración | 124 minutos |
| País | |
| Xénero | Comedia, Nazismo |
| Orzamento | $ 2.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
O gran ditador (en inglés The Great Dictator) é un filme dirixido por Charlie Chaplin e Wheeler Dryden que foi estreado en 1940.
Índice |
Argumento [editar]
Ó final da Primeira Guerra Mundial un soldado do exército de Tomania, ó salvar a vida do oficial Schultz no seu avión, sofre un accidente e perde a memoria, restando nun hospital por 20 anos. Cando, aínda amnésico, escapa do hospital, regresa á súa cidade, onde abre de novo a súa antiga barbería situada no Ghetto. Os tempos cambiaron. O país é gobernado polo ditador Adenoid Hynkel, e hai unha brutal discriminación contra o pobo xudeu.
Unha das mozas do Ghetto, a bela Hannah, defende ó barbeiro cando é atacado por membros das forzas de seguridade de Hynkel. Ambos namóranse e deben padecer os atropelos da ditadura, aínda que teñen esperanza por ter a protección de Schultz, que recoñeceu ó barbeiro. Por outra banda, Hynkel trata de conseguir financiamento dun banqueiro xudeu para levar a cabo as súas ambicións de dominación global.
O rexeitamento do préstamo por parte do banqueiro xudeu motiva a reanudación da opresión no Ghetto, Schultz cae en desgraza por encararlle a súa falta de humanidade ó ditador e por ocultarse cos xudeus. A persecución fai que o barbeiro e Schultz sexan enviados a un campo de concentración.
Hynkel decide invadir Osterlich, pero a intromisión do líder de Bacteria, Benzino Napaloni, obrígao a invitalo e ser diplomático, o cal desemboca nunha ridícula guerra de comida e pasteis entre os dous ditadores.
Hannah e as persoas do Ghetto foxen cara Osterlich, pero ó pouco iníciase a invasión dende Tomania. Entón, ó escapar o barbeiro e Schultz, Hynkel será detido por error polas súas propias tropas, polo seu gran parecido co barbeiro, e este será tomado por Hynkel e conducido a dar un discurso sobre o inicio da conquista do mundo.
En vez diso, o barbeiro da un discurso alentando á humanidade a abandonar a mecanización do home, as ditaduras, a discriminación e a recuperar a humanidade. Hannah, na súa casa, arrasada de novo polos invasores, dirixe a súa ollada ó ceo con esperanza, e sobre esa faciana péchase a pantalla.
Personaxes [editar]
- Charles Chaplin como O barbeiro xudeu /Adenoid Hynkel, ditador de Tomania
- Paulette Goddard como Hannah
- Jack Oakie como Benzino Napolini, ditador de Bacteria
- Reginald Gardiner como Schultz
- Henry Daniell como Garbitsch
- Billy Gilbert como Herring
- Maurice Moscovich como Señor Jaeckel
- Emma Dunn como Señora Jaeckel
- Bernard Gorcey como Señor Mann
Os principais personaxes políticos fan referencia a:
- Adenoid Hynkel: Adolf Hitler
- Benzino Napolini: Benito Mussolini
- Garbitsch: Joseph Goebbels
- Herring: Hermann Wilhelm Göring.
Premios [editar]
| Ano | Premio | Categoría | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1940 | Círculo de Críticos de Cine de Nova York | Mellor actor (Charles Chaplin) | Gañador |
| 1941 | Premios Oscar | Mellor película | Nomeada |
| Mellor guión orixinal | Nomeada | ||
| Mellor actor principal (Charles Chaplin) | Nomeado | ||
| Mellor actor de reparto (Jack Oakie) | Nomeado | ||
| Mellor banda sonora orixinal (Meredith Willson) | Nomeada | ||
| 1961 | Premios Kinema Junpo | Mellor película estranxeira | Gañadora |
| 1974 | Premios Jussi | Mellor cineasta estranxeiro (Charles Chaplin) | Gañador |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)