Paulette Goddard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paulette Goddard
Goddard-Modern-Times.jpg
Nacemento Pauline Marion Levy
3 de xuño de 1910
Whitestone Landing, Queens, Nova York, Estados Unidos
Falecemento 23 de abril de 1990
Ronco sopra Ascona, Ticino, Suíza
Profesión Actriz (1929 - 1972)
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Pauline Marion Levy, coñecida polo nome artístico de Paulette Goddard, nada o 3 de xuño de 1910 en Nova York e finada o 23 de abril de 1990 en Ronco sopra Ascona, Ticino, Suíza, foi unha actriz de cinema estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Whitestone Landing, Queens, Long Island. Foi a única filla de Joseph Russell Levy, xudeu, e Alta Mae Goddard, quen pertencía á igrexa episcopal e tiña ascendencia británica.[1] Os seus pais divorciaronse cando ela era moi pequena, e foi criada pola súa nai. O seu pai practicamente desapareceu da súa vida, e regresou a finais da década de 1930, despois de que ela volveuse famosa. Ao principio, a súa nova relación co seu pai parecía moi boa e ían xustos aos suceso no cine, pero máis adiante el a demandou legalmente cando leu unha entrevista nunha revista onde afirmaba que el a abandonou na súa infancia. Nunca se reconciliarían. Ao morrer, el deixoulle únicamente un dólar no seu testamento. Ela tivo sempre unha relación próxima coa súa nai.

Charles Goddard, o seu tío avó, axudou ao seu sobriña neta a atopar emprego como modelo publicitaria, e logo, entre 1924 e 1928, unha das nenas Ziegfeld na compañía musical Ziegfeld Follies, de Florenz Ziegfeld. Asistiu á Preparatoria Washington Irving de Manhattan ao mesmo tempo que quen tamén sería actriz, Claire Trevor.

Tras casarse cun millonario chamado Edgar James, trasladouse a vivir a Hollywood. A principios dos '30 participou en papeis secundarios en obras como As rúas da cidade (1931), de Rouben Mamoulian, con Gary Cooper e Sylvia Sidney, ou en Torero á forza (The Kid from Spain, 1932), de Leo McCarey, xunto a Eddie Cantor.

En 1936 rodou, xunto a Charlie Chaplin, Tempos Modernos (Modern Times, 1936), a última película na que aparece Charlot como personaxe. Despois de grabarse a película crese que se casaron nunha cerimonia secreta, pero foi unha relación sentimental da cal nunca chegou a concretar nada publicamente, por acordo de ambos. Catro anos despois volveron rodar xuntos un novo filme, O Gran Dictador (The Great Dictator, 1940), película crítica contra o nazismo alemán e, por extensión, contra todos os fascismos e ditaduras. Ambos títulos conforman dous das obras mestras do xenial director, o que non evitou que ese mesmo ano rompésese o matrimonio.

Foi tamén casada co actor Burgess Meredith entre o 1944 e 1950 e finalmente co Erich Maria Remarque de 1958 ata 1970.

Notas[editar | editar a fonte]