Nou Mestalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nou Mestalla
Maqueta Nuevo Mestalla.jpg
Datos
Localización Valencia, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración Por determinar
Arquitecto Reid Fenwick Asociados e Arup
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 77.000 espectadores
Propietario Valencia CF
Localía Valencia CF

O Nou Mestalla é un estadio de fútbol en construción no barrio de Benicalap, na cidade de Valencia, que substituirá cando estea acabado ao actual estadio de Mestalla, onde xoga o Valencia Club de Fútbol.

Introdución[editar | editar a fonte]

O 1 de agosto de 2007, comezaron as obras no solar situado na Avinguda de les Corts Valencianes de Valencia, no distrito de Benicalap, para a construción do novo estadio do Valencia CF. O proxecto do novo coliseo valencianista foi presentado en sociedade o 10 de novembro de 2006, no Museo Príncipe Felipe (Cidade das Artes e as Ciencias).

A maqueta do futuro estadio foi destapada á vez polo presidente da Generalitat Valenciana, Francisco Camps, e a alcaldesa da cidade, Rita Barberá, ante a mirada do entón presidente do Valencia, Juan Bautista Soler. A construción do estadio foi e é motivo de numerosas protestas e accións xudiciais, emprendidas polos veciños da zona e polos lexítimos propietarios dos terreos. Existen, tamén, investigacións abertas no Parlamento Europeo. Ata a data, a empresa privada Valencia SAD non perfeccionou a permuta, construíndose o estadio nun terreo municipal, espazo que estaba reservado para a creación de equipamentos e instalacións públicas, segundo despréndese o Plan Director de Instalacións Deportivas 2000, aprobado pola alcaldesa de Valencia, Rita Barberá.

O estadio[editar | editar a fonte]

Na fachada do novo estadio represéntanse os barrios de Valencia e o río Turia. Terá unha capacidade para 77.000 espectadores e poderá albergar competicións de atletismo. Será un campo de 5 estrelas segundo a UEFA. Terá 3.500 prazas de garaxe baixo o estadio, diferentes zonas vip's e un auditorio para asembleas e reunións.

As obras para a construción do novo estadio, están paradas desde fai un ano e medio pola crise e a mala xestión.

Orzamento[editar | editar a fonte]

O orzamento total inicial das obras é de 344 millóns de euros. O estadio custará 220 millóns e a zona anexa con zona comercial, oficinas, e o museo, está orzada en 124 millóns.

Localización[editar | editar a fonte]

Atópase no barrio de Benicalap, situado na enlazada da Avinguda de les Corts Valencianes e o Carrer de la Safor, á beira da glorieta da Dama Ibérica e as Torres da Pista de Ademuz.[1]

Construción[editar | editar a fonte]

A UTE formada por FCC e Grupo Bertolín, comezou as obras do futuro Mestalla o 1 de agosto de 2007. Unhas obras que, en principio, estaba previsto que se alargasen ata agosto de 2010. Unha vez terminado, empezarán as obras de demolición do actual Mestalla.

Durante a construción, o día 26 de maio de 2008 morreron 4 traballadores durante labores de montaxe do estruturado metálico para encofrar, polo esborralle da estrutura de suxeción do muro pantalla dunha das 10 torres principais, precipitándose 12 metros ao baleiro tres operarios que estaban instalando a estrutura, e un cuarto, que se atopaba no piso baixo da torre supervisando a operación e ao que lle caeron todas as estadas encima sen poder reaccionar a tempo.

Durante a tempada 2008/2009, o club atravesa unha grave crise económica, paralizándose así as obras.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]