Norma Shearer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Norma Shearer
Norma Shearer Marie Antoinette 1938.jpg
Nacemento Edith Norma Shearer
10 de agosto de 1902
Montreal
Falecemento 12 de xuño de 1983
Nacionalidade Flag of Canada.svg Canadá
Profesión actriz
Cónxuxe(s) Irving Thalberg (1927-1937)
Martin Arrougé (1942-1983)

Edith Norma Shearer, nada en Montreal o 10 de agosto de 1902 e finada en Woodland Hills, California o 12 de xuño de 1983, foi unha actriz canadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia en Montreal, onde se interesou pola música. Non obstante, tras ver un vodevil no seu noveno aniversario decidiu converterse en actriz. Tras o divorcio dos seus pais en 1920, marchou coa súa nai e a súa irmá a Nova York para buscar traballo no teatro.

Os seus primeiros traballos foron como extra en películas da Universal Pictures.

Chegou a Hollywood en 1923, asinando un contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer, da que foi unha das primeiras estrelas.

Na súa primeira proba de cámara para unha película coincidiu co produtor Irving Thalberg, que quedou moi impresionado con Shearer e a converteu na súa protexida. Casaron en 1927, tras converterse ela ao xudaísmo.

Shearer xa era unha actriz coñecida cando chegou o cinema sonoro, e foi unha das actrices que logrou facer a transición desde o mudo. Cansa de ter unha imaxe de “boa rapaza”, convenceu ao seu marido para protagonizar The Divorcee en 1930. Con este filme gañou o Oscar á mellor actriz. Tras este papel continuou facendo personaxes sensuais nos anos anteriores ao Código Hays.

Tras varios fracasos, retirouse en 1942.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1921 The Stealers
1923 The Wanters
1924 He Who Gets Slapped
1927 The Student Prince in Old Heidelberg
1929 The Trial of Mary Dugan
1929 The Last of Mrs. Cheyney
1929 Their Own Desire
1930 The Divorcee
1930 Let Us Be Gay
1931 Strangers May Kiss
1931 A Free Soul
1931 Private Lives
1932 Smilin’ Through
1932 Strange Interlude
1934 Riptide
1934 The Barretts of Wimpole Street
1936 Romeo and Juliet
1938 Marie Antoinette
1939 Idiot’s Delight
1939 The Women
1940 Escape
1942 We Were Dancing
1942 Her Cardboard Lover

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Norma Shearer Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]