Nicanor Rey Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ferrol, España |
Morte | 6 de febreiro de 1899 Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Nicanor Rey Díaz, nado en Ferrol e finado en Madrid o 7 de febreiro de 1899[1], foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instalado en Pontevedra dende moi novo, foi redactor de El Buscapié, El Progreso e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, La Ilustración Cantábrica e La Paz. En 1881 gañou un posto de redactor de El Imparcial nun concurso poético celebrado en Pontevedra, no que ofreceu ese premio o fundador do xornal Eduardo Gasset Artime. Foi premiado en varios certames poéticos.
Obras[editar | editar a fonte]
- Una epístola y un poema, 1880.
- Hierro y fuego, 1890.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 8-2-1899, p. 2.