New Alliance Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New Alliance Records
Compañía naiSST Records
Fundado en1980
FundadorD. Boon, Mike Watt e Martin Tamburovich
Estadodefunta
DistribuidorasSST Records
Xénero(s)varios
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónLawndale, California

New Alliance Records foi o selo discográfico fundado en 1980 polos membros de Minutemen D. Boon e Mike Watt xunto co seu amigo e socio Martin Tamburovich, seguindo o exemplo de SST Records creado por Greg Ginn de Black Flag. A existencia de SST fixo entender a Watt, segundo unha entrevista de 1987 á revista Musician, como de doado era facer un disco: "todo o que tes que facer é pagar ao tipo da fábrica de discos".

A primeira edición da etiqueta foi o recompilatorio de varior artistas de 1980 Cracks in the Sidewalk, que incluía temas de Minutemen, Black Flag e Saccharine Trust. Outros dos seus primeiros lanzamentos foron o álbum de estrea de Hüsker Dü, Land Speed Record, e a segunda edición de Minutemen, o EP de 7" Joy. Finalmente o selo medrou para nutrir os primeiros anos de carreira de Descendents, publicando álbums recompilatorios adicionais (Chunks e Mighty Feeble), e outras gravacións de Minutemen (The Politics of Time), Secret Hate (Vegetables Dancing), e Hüsker Dü (In a Free Land). New Alliance tamén presentou varias bandas post-punk da zona de South Bay, no sur de California, destacando entre elas Slovenly, Phantom Opera e Invisiblechains.

Tras a morte de D. Boon nun accidente de tráfico en 1985 e do calendario cada vez máis ocupado da nova banda de Mike Watt Firehose, Watt e Tamburovich venderon New Alliance a SST en 1987. O seu dono e guitarrista de Black Flag, Greg Ginn, procedeu a transferir todo o catálogo de Minutemen e Descendents e o Land Speed Record de Hüsker Dü a SST e converteu a New Alliance nunha subsidiaria de SST que se concentrou en rexistros máis aventureiros e non comerciais, incluíndo edicións de jazz, música instrumental, poesía, e palabra falada. New Alliance tamén publicou o sinxelo de estrea de Ciccone Youth e material de The Coachmen, ámbolos dous proxectos relacionados con Sonic Youth.

New Alliance cesou as súas operacións en 1998 co obxectivo de aforrar cartos. O seu catálogo foi borrado, as súas edicións xa non están dispoñibles a través de SST Records, non hai mención algunha do selo ou dos seus artistas na páxina web de SST.

Martin Tamburovich, cofundador de New Alliance morrería dunha infección bacteriana no ano 2003.

O fundador de Rapp Records Rad Ramsey e Martin Tamburovich reactivaron New Alliance no ano 2000 como un subselo de Rapp Records, recuperando o seu fondo de catálogo. Desta vez especializouse en rap, rock e na reedición do seu material vello. Porén, en 2006, SST presentou unha demanda contra Rapp e forzou a Ramsey a pechar New Alliance.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]