Natasha Richardson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Natasha Richardson

Natasha Jane Richardson, nada en Londres o 11 de maio de 1963 e finada en Nova York o 18 de marzo de 2009, foi unha actriz inglesa de cinema e teatro, gañadora dun Premio Tony.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dunha familia de actores, era filla do director e produtor Tony Richardson e da actriz Vanessa Redgrave, irmá ademais da actriz Joely Richardson; e estaba casada con Liam Neeson dende 1994 con quen tivo dous fillos.

Richardson fixo a súa primeira aparición perante as cámaras aos catro anos nunha película dirixida polo seu pai, The Charge of the Lightgade (1968). Asistiu á Central School of Speech and Drama de Londres. En 1998 gañou un Premio Tony pola súa interpretación no musical Cabaré. Traballou en varias obras de teatro e en diversos filmes.

O 16 de marzo de 2009 sufriu un accidente cando estaba a tomar unhas clases de esquí no resort de Mont Tremblant (Quebec), ocasionándolle morte cerebral[1]. Dous días máis tarde, o 18 de marzo de 2009, faleceu no hospital Lenox Hill de Nova York.[2]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]