Narcissus pseudonarcissus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Narcissus pseudonarcissus
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Tribo: Narcisseae
Xénero: Narcissus
Sección: Pseudonarcissi
Especie: ''Narcissus pseudonarcissus''
Distribución na península ibérica.
Distribución na península ibérica.

Distribución na península ibérica.

Narcissus pseudonarcissus é unha especie botánica da familia das Amarilidáceas.

Ilustración.
Vista da planta.
Narcissus pseudonarcissus.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta perenne e bulbosa, co bulbo globular de cor branca no seu interior e negruzca na súa cuberta. As follas radicais e lineais de cor verde escura de 35 cm de lonxitude. A inflorescencia máis alta que as follas, é erecta e ten no seu extremo unha fragante flor de cor amarela dourada, acanalada e composta por seis segmentos agudos, O froito é unha cápsula.


Hábitat[editar | editar a fonte]

É unha planta nativa de Europa central e setentrional e medra nos bosques húmidos. Na Península Ibérica esténdense polos Pireneos e o Cantábrico.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Contén narcitina ou narcisina que ten propiedades eméticas. Recomendouse para casos de epilepsia e afeccións de tipo espástico. Observouse unha actividade favorable no tratamento de tumores e na leucemia.

As doses excesivas desta planta provoca o vómito e son laxantes.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Narcissus pseudonarcissus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 289. 1753.[2]

Etimoloxía

Narcissus, nome xenérico que fai referencia ao mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos), fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope, que se distinguía pola súa beleza.

O nome deriva da palabra grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).

pseudonarcissus: epíteto latino que significa "falso narciso".[3]

Sinonimia
  • Ajax pseudonarcissus (L.) Haw., Monogr. Narciss.: 2 (1831).
  • Narcissus albescens Pugsley
  • Narcissus alpestris Pugsley
  • Narcissus confusus Pugsley
  • Narcissus hispanicus Gouan
  • Narcissus leonensis Pugsley
  • Narcissus macrolobus (Jord.) Pugsley
  • Narcissus major Curtis
  • Narcissus moschatus L.
  • Narcissus nevadensis Pugsley
  • Narcissus nobilis (Haw.) Schult. & Schult.f.
  • Narcissus pallidiflorus Pugsley
  • Narcissus portensis Pugsley
  • Narcissus tortuosus Haw.
Subespecies
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. bicolor (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888).
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. calcicarpetanus (Fern.Casas) Fern.Casas, Fontqueria 4: 27 (1983)
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. leonensis (Pugsley) Fern.Casas & Laínz, Fontqueria 6: 50 (1984).
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. minor (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888).
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. moschatus (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888).
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis (Haw.) A.Fern., Bol. Soc. Brot., II, 25: 182 (1951).
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. pallidiflorus (Pugsley) A.Fern., Bol. Soc. Brot., II, 25: 182 (1951).
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. pseudonarcissus.
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. pugsleyanus Barra & G.López, Anais Jard. Bot. Madrid 39: 298 (1982 publ. 1983).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dr. Berdonces i Serra en Gran Enciclopedia de las Plantas Medicinales. ISBN 84 305 8496-X
  2. "Narcissus pseudonarcissus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de abril de 2013. 
  3. En Epítetos Botánicos
  4. Variedades en KWE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]