Naisten SM-sarja 1982-1983

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 1982-1983 da Naisten SM-sarja foi a primeira tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de dez equipos divididos en dous grupos tomaron parte na competición.

Ao final da tempada o HJK de Helsinqui converteuse no primeiro campión oficial de Finlandia en categoría feminina.

Estrutura da tempada[editar | editar a fonte]

A competición constou de dúas partes. Na primeira parte os dez equipos dividíronse en dous grupos de cinco equipos cada un, xogando unha liga a dobre volta, co cal cada equipo xogou un total de oito partidos. Os dous mellores clasificados de cada grupo disputaron o torneo final, no que os catro partidos disputaron unha liga a unha soa volta.[1][2]

O sistema de puntuación outorgou dous puntos pola vitoria, un punto polo empate, e o equipo perdedor non recibía ningún punto.

O torneo final celebrouse en Tampere entre os días 12 e 13 de marzo de 1983.[3]

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Grupo A
Nome Cidade
Haukat Järvenpää
Ilves Tampere
SaiPa Lappeenranta
Tiikerit Hämeenlinna
Ässät Pori
Grupo B
Nome Cidade
EVU Vantaa
HIFK Helsinqui
HJK Helsinqui
Jäähonka Espoo
Shakers Kerava

Liga regular[editar | editar a fonte]

Grupo A[editar | editar a fonte]

No grupo A o Ilves de Tampere finalizou a liga regular na primeira posición logo de gañar todos os seus partidos con ampla marxe. O Ilves conseguiu anotar dez goles ou máis en sete dos seus oito encontros, e en tres deles sumou máis de vinte. Ilves foi o equipo máis goleador e o menos goleado. A segunda posición foi para as Tiikerit de Hämeenlinna, que tan só cederon nos seus dous partidos fronte ao Ilves e un fronte a Ässät, que sumaron os mesmos puntos que as de Hämeenlinna (10), pero que conseguiron peor rexistro nos enfrontamentos directos con estas. Pola súa banda, tanto SaiPa como Haukat conseguiron sumar dous puntos ao gañar un partido cada un.[4]

As máximas puntuadoras foron Anne Bäckman (Ässät) e Jaana Rautavuoma (Ilves), que rexistraron 42 puntos cada unha. Bäckman foi a máxima goleadora do grupo con 33 goles, menores que Rautavuoma, con 13 asistencias, foi a mellor neste aspecto do xogo.[4]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 Ilves 8 8 0 0 128 9 +119 16
2 Tiikerit 8 5 0 3 58 36 +22 10
3 Ässät 8 5 0 3 62 40 +22 10
4 SaiPa 8 1 0 7 13 87 -74 2
5 Haukat 8 1 0 7 12 112 -100 2
Resultados
Ilves Tiikerit Ässät SaiPa Haukat
Ilves 12-3 14-2 15-0 28-0
Tiikerit 2-11 5-8 6-2 10-1
Ässät 1-7 1-7 11-2 23-1
SaiPa 0-23 0-11 0-14 6-3
Haukat 1-18 1-14 4-16 4-3
Anotadoras
Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM
Anne Bäckman Ässät 7 33 9 42 6
Jaana Rautavuoma Ilves 8 29 13 42 0
Satu Huotari Tiikerit 8 27 10 37 8
Anitta Joenniemi Ilves 8 20 9 29 0
Minna Myllymäki Ilves 8 11 11 22 8

Grupo B[editar | editar a fonte]

No grupo B o nivel dos equipos foi máis parello e ningún equipo conseguiu o pleno de vitorias. O EVU de Vantaa finalizou a liga regular primeira posición logo de perder tan só un partido, contra o segundo clasificado, o HJK. O EVU foi ademais o equipo máis goleador e o menos goleado. A segunda posición foi para as xogadoras do HJK de Helsinki, que rexistraron cinco vitorias, un empate e dúas derrotas para un total de 11 puntos. O Jäähonka de Espoo non conseguiu clasificarse para o torneo final ao sumar unha derrota máis que o HJK. Pola súa banda, as Shakers de Kerava, que tan só anotaron dous goles nos seus oito encontros, foron o único equipo que non foi quen de sumar ningunha vitoria na competición, e cun -124 foi o equipo coa peor diferenza de goles, o menos goleador e o máis goleado.[4]

A máxima puntuadora foi Jaana Ikonen (Jäähonka), que rexistrou 22 puntos. Ikonen foi ademais a máxima asistente (10) A máxima goleadora do grupo foi a xogadora de HIFK Sirkka-Liisa Pesonen, que anotou 15 goles.[4]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 EVU 8 7 0 1 52 7 45 14
2 HJK 8 5 1 2 49 14 35 11
3 Jäähonka 8 4 1 3 41 14 27 9
4 HIFK 8 3 0 5 43 26 17 6
5 Shakers 8 0 0 8 2 126 -124 0
Resultados
EVU HJK Jäähonka HIFK Shakers
EVU 3-0 2-1 9-1 21-0
HJK 4-1 3-2 4-0 18-0
Jäähonka 0-1 3-3 4-2 12-0
HIFK 1-4 5-0 2-4 14-0
Shakers 0-11 0-17 1-15 1-18
Anotadoras
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts PIM
Jaana Ikonen Jäähonka 8 12 10 22 4
Katja Lavonius HJK 7 12 6 18 2
Tarja Kujanpää Jäähonka 8 12 6 18 6
Sirkka-Liisa Pesonen HIFK 8 15 2 17 12
Liisa Karikoski EVU 8 13 3 16 4

Torneo final[editar | editar a fonte]

O equipo campión de Finlandia decidiuse no torneo final, unha liguiña na que participaron os dous mellores equipos de cada grupo e que se celebrou en Tampere entre os días 12 e 13 de marzo de 1983.[3]

Á finalización do torneo o HJK de Helsinqui coroouse como o mellor equipo feminino de Finlandia. O equipo capitalino tan só cedeu un empate ante o Ilves, que foi segundo, e rexistrou a maior goleada do toreo final frote ás Tiikerit (12-2). A pesar ter sido con moito o equipo máis goleador, o Ilves tan só puido sumar unha vitoria e dous empates e tivo que conformarse coa medalla de prata. O EVU fíxose co bronce logo de caer fronte o HJK, empatar co Ilves, e sumar unha única vitoria fronte ás Tiikerit, que foi o único equipo que non conseguiu sumar ningunha vitoria. O HJK foi o equipo máis goleador e o menos goleado do torneo.[4]

A nivel individual Piia Vuorinen (HJK) foi a máxima puntuadora do torneo (7 puntos, 6+1), e a máxima goleadora con seis goles. Elisa Koivunen e Kati Luomajoki pola súa banda foron as máximas asistentes con tres asistencias cada unha.[4]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 HJK 3 2 1 0 17 4 13 5
2 Ilves 3 1 2 0 11 5 6 4
3 EVU 3 1 1 1 11 6 5 3
4 Tiikerit 3 0 0 3 6 30 -24 0
Resultados
HJK Ilves EVU Tiikerit
HJK 3-0 12-2
Ilves 2-2 1-1 8-2
EVU 10-2
Tiikerit
Anotadoras
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts PIM
Piia Vuorinen HJK 3 6 1 7 2
Elisa Koivunen HJK 3 3 3 6 2
Katja Lavonius HJK 3 3 2 5 2

Equipo campión[editar | editar a fonte]

O equipo do Helsingin Jääkiekkoklubi (HJK) que conquistou o primeiro campionato finlandés feminino estivo integrado polas seguintes xogadoras:[5]

Campión feminino de Finlandia


Helsingin Jääkiekkoklubi

Porteiras: Tuija Huhtaniemi, Leila Tuomiranta

Patinadoras: Katja Lavonius, Piia Vuorinen, Katri-Helena Luomajoki, Auli Harinen, Taina Piironen, Maarit Rautiainen, Tea Repo, Elisa Koivunen, Tuula Keronen, Maikki Melavaara, Maaret Parviainen, Merja Tolvanen, Leena Nisonen, Tiina Sallinen, Tiina Lahkela, Sari Nuotio, Saija Pöyhönen, Taina Nykänen, Sanna Alho, Tiina Dahlberg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253. 
  2. "SM-sarja (W) - 1982-1983" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Jääkiekon Naisten Liiga 40 vuotta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 27 de febreiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). Hai un erro, xa que os datos correspóndanse coa tempada 1982-1983, mais a fonte indica 1983-1984. whockey.com. Consultado o 28 de febreiro de 2023. 
  5. "1983 HJK" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 27 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]