Porin Ässät (feminino)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porin Ässät
Fundación1982–1995
1998-2003
Cidade Pori,
Satakunta
Finlandia Finlandia
CoresVermello, negro e branco
                 

O Porin Ässät Naiset foi un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Pori, Finlandia. O equipo estivo activo en dóus períodos: dende 1982 ata 1995 xogando na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja; e dende 1998 ata 2003 xogando en categorías inferiores.

Ao longo da súa traxectoria o equipo non conseguiu ningún logro colectivo, se ben algunhas das súas xogadoras conseguiron logros nacionais durante a súa carreira no equipo de Pori.

Historia[editar | editar a fonte]

Camisola de xogo do equipo feminino de Porin Ässät pertencente a Tiina Paasikunnas, 1980-87.

O equipo xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja,[a] dende a tempada inaugural en 1982 ata 1995, cando descendeu e cesou temporalmente a súa actividade.[1]

As mulleres de Ässät retomaron a súa actividade na tempada 1998-99, cando disputaron a I divisioona. Na súa segunda tempada na segunda categoría o equipo tentou regresar á Naisten SM-sarja, mais finalizou na sexta posición dun total de oito equipos na liga de clasificación, na que todos os equipos da categoría superior mantiveron a súa praza. Logo das eliminatorias o equipo continuou a xogar tres tempadas máis, dúas delas na I divisioona e outra na II divisioona, mais sen conseguir ningún éxito salientable. Finalmente, en 2003 o equipo cesou definitivamente as súas operacións.[1]

En 2022 a actividade do equipo limitábase ao traballo con nenas cun equipo, as Red Stars Tyttökiekko,[2] e unha escola de patinaxe.[3]

Xogadoras[editar | editar a fonte]

A mellor xogadora da historia do equipo foi a xogadora local Sari Fisk (de casada Marjamäki), quen foi a máxima puntuadora e goleadora de Ässät nas nove tempadas que vestiu a camisola vermella do equipo de Pori.[1][4] Fisk xogou posteriormente en Ilves e Blues, e foi tamén internacional coa selección finlandesa. É ademais a única xogadora do equipo presente nos Suomen Jääkiekkoleijonat, o Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Denominada dende a tempoda 2017-18 Naisten Liiga.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Ässät Women" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  2. "Red Stars Tyttökiekko. Joukkue" (en finés). Porin Ässät. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  3. "Ässät Gold Star" (en finés). Porin Ässät. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  4. "Sari Fisk" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  5. "MARJAMÄKI SARI" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  6. "Marianne Ihalainen to be honoured" (en inglés). IIHF.com. 8 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  7. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  8. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]